jueves, 20 de diciembre de 2007

(per)versiós 2

Sonata apócrifa de Beethoven interpretada por Dudley Moore, si, ese Dudley Moore.
Simplemente alucinante.

lunes, 17 de diciembre de 2007

a ver onde vai parar isto...

A votación no congreso sobre o invento do canon indiscriminado é xa esta semana.
Eu xa asinei a petición de todos contra el canon, que afirma o respeto ós dereitos de autor mais non á xestión en nome dos autores por certas entidades privadas de actividades un pouquiño sospeitosas dun canon imposto sobre todo aquilo que se poda usar para copiar a obra dun autor, ordenadores e impresoras incluidos.
Vamos que eu teño que pagar un imposto a unha entidade privada (?!) para poder realizar o meu traballo. O gracioso é que hai aprox. 4 anos fun á delegación da SGAE en Ourense pra preguntar se eran eles os que rexistraban as traduciós de programas de televisión e nin sequera me souberon informar de nada. Parecían non saber que os traductores tamén teñen unha pequena porcentaxe de participación na autoría dunha obra.
En fin, que viva a liberdade e a anarquía, e se un autor non quere cobrar pola sua obra debería ter garantizado o dereito de que ninguén máis vaia cobrar por el. Parece de lóxica, digo eu desde a miña ignorancia.

ó final a televisión vai ter algo bo

Serie árabe triunfa en el prime-time de Israel

Dubido moito que isto vaia provocar unha revolución pacifista, pero se cadra ata axuda un pouco. Se quedan persoas capaces de ver o conflicto con humor sempre é un punto de partida, ¿non?

lunes, 10 de diciembre de 2007

libertad, libertad

Non se aplica exactamente ó meu caso, porque fun eu quen se despideu, mais despois de máis de un mes cantando mentalmente «Veo una vida nueva y tú no estás en ella, veo mi vida llena y tú no estás en ella» tiña que incluir este clásico no blog. Hai que ver cómo nos domina a televisión, por moito que escapemos dela.

E xa postos aquí vai outro. Quen xa viviu ese momento de que te chamen «señora» por primeira vez comprenderá...

sábado, 8 de diciembre de 2007

hoxe deume por marlango

Xuraría que oín a voz da Watling no anuncio do Corte Inglés ("these are a few of my favorite things"). Claro que tamén poden ser figuraciós miñas. Levo unhas horas facendo zapping por ver se o voltan pór, mais non hai sorte.
Anyway, aquí van un par de canciós de Marlango, porque si (perdón pola falta de calidade do "It's All Right", non conseguín encontrar outro en mellor estado).



--
E pra os demais obsesos das versiós, a normal e a "velvet version" do "It's All Right":

resoluciós

Nunca pensei facer unha lista de resoluciós, pero... nunca sabe un ó que vai chegar :D
Vou pór isto aquí só por lembrarme deste trascendental momento dentro dun tempo, cando xa a rutina me teña atrapado de novo.

Resoluciós pra unha nova vida (lista non exhaustiva):

1. Simplificar. Isto inclúe: botar moita tralla ó lixo, limpar a casa, etc. (O que leva a volver a pegar nas paredes as postais e o mapa que foron caindo durante os últimos meses. E a sacar o lixo da casa antes de xuntar 3 bolsas de cada tipo de residuos. O que realmente ten máis que ver co punto seguinte.)

2. Organizar. O que significa non deixar tarefas penduradas (z. B. facer facturas inmediatamente despois de enviar un traballo, non acumular roupa suxa polo chao, non deixar libros a medio ler... O que me leva ó seguinte punto.).

3. Non comprar máis libros mentres non termine de ler polo menos 4 dos que xa teño en casa. (O que non é esaxerado se temos en conta que segundo a última contaxe, feita hai 2 minutos, nesta casa hai 74 libros que inda non li. Polo menos 7 deles comenzados e abandonados por falta de tempo ou por ter decidido terminar outro nese momento. Case podíamos incluir este punto no anterior, "organizar", ou incluso no primeiro, "simplificar". O que me fai lembrar que teño que tentar simplificar e organizar a miña forma de escribir, xa que coa de pensar está visto que non hai maneira.)

4. Non comprar máis discos mentres non teña oídos, e con isto quero dicir oír a conciencia, os que adquirín nos últimos anos. Ou sen conciencia, que teño o do Budokan de Bob Dylan sen oír nin unha soa vez. (Claro que xa o oíra antes. É imposible oír demasiados discos, mais son a proba vivinte de que se poden comprar demasiados discos.)

5. Comprar roupa nova, en lugar de libros ou discos, que non teño nada que sirva para ver. Teño que facer o esforzo de ir ó centro comercial e probar roupa. Como sexa, teño que conseguir aturar unha tarde de compras. ¡Forza, Maruxa, ti podes!

6. Dar unha voltiña o ordenador, which means eliminar moita cousa, organizar o que quede e por último desfragmentar.

7. Non deixar o televisor aceso cando evidentemente non me interesa o que están botando. Mellor é apagalo e erguerse do sofá... por exemplo pra tocar algo no piano, oír música... ou pra ler algún deses 74 libros. (Non importa cantas veces repita a cifra, inda non o consigo crer. ¿Como carallo se acumulan 74 libros sen ler?! E non contei os de consulta nin os de poesía, polo seu carácter de lectura fragmentaria.)

8. Conseguir dalgún xeito ter tempo para saír de casa cos poucos amigos que tan difícilmente teño empezado a encontrar. Non lles dedico o tempo que merecen. Mea culpa.

9. O que me recorda: manter o contacto con os amigos que están lonxe. Só son precisos uns 15 minutos por semana e todos contentos.

10. Conseguir dalgún xeito ter tempo para cociñar como me gusta, con tempo. (Se cadra sería útil unificar este punto co número 8, invitando os amigos a cear en casa. Por aquilo da falta de tempo.)

11. Fumar menos e conseguir dalgún xeito ter tempo para camiñar aprox. unha hora por día (cousa que moi posiblemente me levaría a novamente fumar menos, como antes, cando andaba máis. Tamén podía axudar aprender a liar tabaco dunha vez por todas.). Isto faime lembrar: vaciar o cinseiro antes de que rebose e non acumular caixas de tabaco vacías xunto ó mesmo.

12. Dedicarme á tradución dese libro que teño aí desde hai 3 anos.

Mmmmmm, ben visto vou comenzar a aplicar estes principios e refacer esta lista.


Resoluciós pra unha nova vida:

1. Simplificar e organizar pra ter máis tempo libre.
2. Usar o tempo libre naquilo que realmente quero facer: estar cos amigos, ler, oír música, camiñar, tocar o piano, ir ó cine, etc. etc.

O que significa que todo se resume a simplificar.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Fin de semana libre, ¡por fin!

Día bastante produtivo o de hoxe.
Non se pode clasificar como moi produtivo porque non practiquei nada no piano (aínda, queda moita noite de insomnio por diante, intúo. Ou se cadra non.). Pero por fin me dediquei a unha tradución por elección propia. Cousa que hai sete anos que non facía.
Antes de empezar co proxecto do libro que teño aí aparcado desde hai 3 anos (e que non sei se vou facer algún día), decidín volver á tradución literaria pouco a pouco. Despois de tantos parafusos xa teño o xeito bastante perdido; nos últimos anos só traducín catro minicontiños.
Por iso, para empezar con algo pequeno, escollín un poema de Erich Kästner que descubrín a semana pasada. Non, non vai rimar, non. Vai ser en prosa. Non hai que esaxerar. Quen non naceu poeta non ten nada que facer. Quen se mete a tradutor é porque non naceu escritor... pero busca unha maneira de ir practicando ;)
En fin, que foi un día máis ou menos bo. Xa teño o primeiro borrador. Se cadra mañá o publico. Xa veremos. Se cadra mellor espero a telo máis acabado. Inda que iso posiblemente non pase nunca, porque para estar satisfeita tería que ser rimado e ritmado. Anyway, xa se verá.
Agora déixovos con unha canción que me fartou un pouco no seu momento. Pero ó pasar máis de seis meses sen oíla parece que se volveu mellor, jeje.

(Jajajaja, y entre las sugerencias siguientes viene el Scary Mary, :D)
---
1h35 Última adición de hoxe ó blog. Un descubrimento máis:

viernes, 30 de noviembre de 2007

como cada natal...

chega o anuncio de Freixenet, pero este ano con sorpresa.
Pregúntome cántas veces o van poñer enteiro na televisión...

-----
21h30
Strange connection
O sorprendente mundo do drifting levoume hoxe do anterior a isto:


Strange, non si?
Vamos reconstruir o camiño. (Bendito sexa o historial dos navegadores.)
1. Noticia do anuncio de Freixenet en El País a través do Reader. (Si, se non fose por estas modernidades nin xiquera lía un xornal.)
2. Minivisitilla ó pseudoblog scorseseyfreixenet (a publicidade ten formas asombrosas hoxe en día).
3. Chegada ó youtube, antro de perdición por antonomasia.

4. Seguimos empantanados no tubo.
You Talkin To Me?
5. Idem, eadem, idem.

6. Still there...
Kermit and Elmo LOUD and QUIET
7. Just one last one
Elmo the Emo (why?)
8. E chegamos ó acordeón.
¡¡¡Flipante o que fai ter tempo libre!!! ¿E todas esas cousas que realmente quero facer e que nunca fago por falta de tempo? Precisamente: Aburiño, queridos lectores ficticios. Vou facer algo polo menos semiproductivo.

dúbidas

Non quero seguir fuxindo, xa estou farta de andar dun lado para outro. Mais Portugal estáseme poñendo cada vez máis hostil

jueves, 22 de noviembre de 2007

sábado, 17 de noviembre de 2007

miércoles, 14 de noviembre de 2007

fluctuando

Xa me pasou o mal humor do fin de semana: o estrés sempre ten ese efecto en min, pero por sorte nada perdura.
Sigo completamente confusa e perdida no campo sentimental, pero é máis forte a euforia da futura liberdade laboral, de por fin recuperar o meu tempo e poder dedicarme a tantas cousas interesantes que teño inda por explorar.
Mañá será outro día, xa pensarei nunha solución (inda non me conformo con que as cousas morran sen ter nacido).
Mentres tanto sigo cultivando os pequenos praceres.

sábado, 10 de noviembre de 2007

viernes, 9 de noviembre de 2007

saturación

and for something completely different...
choose you version:
2. newer


1. older (ie younger, hehe)

miércoles, 7 de noviembre de 2007

ole para la propaganda

hay que ver con los comunistas

--

esta debe ser a versión máis rara de Funkytown no mundo enteiro (polo menos que teña chegado ós meus oídos)

viernes, 2 de noviembre de 2007

bloqueo

Non comprendo o que me pasa. Nunca tivera un bloqueo de tradutor. Suponse que é habitual entre os escritores, pero non sabía que fose tan similar noutras profesiós.
É traumático saber que teño un traballo por facer e que tería tempo suficiente de facelo se estivese a traballar neste momento. Pero non me concentro... E xa levo así dous días enteiros.
Sinto que deixo pasar o tempo sen facer nada produtivo. Polo menos podía deixar completamente de lado o proxecto por hoxe e saír beber unhas copas. Pero son tan parva que sei que me sentiría culpable. Por tanto quedo aquí presa diante do ordenata mais sen facer nada.
Isto é desesperante
...
Vou ver unha película... veremos se despois hai sorte
(Teño que liberarme dunha ver por todas destes absurdos sentimentos de culpabilidade que non resolven nada.)

martes, 23 de octubre de 2007

beginning of a great adventure

Chegou o momento da verdade. Dentro de dous meses vou estar completamente on my own. Acabouse imaxinar un futuro perfecto, vou ter que saír da comodidade e loitar cada día para conseguir un presente imperfecto pero mellor (e poder pagar as contas, jajaja). Sen ningún tipo de seguridade. No safe net. Sei que é un risco que teño que correr... mais teño medo. Moito medo.
Pero o meu medo non importa. Isto era inevitable.
E despois de organizar a miña vida profesional non estaría mal aprender a relacionarme con outros seres humanos dunha forma un pouco máis normal.
Tempo ó tempo, non se pode conseguir todo dunha vez...

sábado, 20 de octubre de 2007

jueves, 11 de octubre de 2007

pequenos placeres (3)

este post só ten como obxectivo despertar envexa:
levo desde onte oíndo sen parar o
novo disco de
radiohead

jejeje
(ok, xa sei que tanto vos ten, pero a min non!)

viernes, 5 de octubre de 2007

IgNobel

Entre los premiados de los conocidos como antiNobel están este año tres españoles de la Universidad de Barcelona que demostraron que las ratas no distinguen entre el japonés y el holandés, hablados al revés.
¿Arreinx? ¿Falados ó revés? ¿Que pasa, que si é falados ó direito entonces as ratas distinguen os idiomas? ¿Alguén gastou cartos en investigar se uns roedores consiguen distinguir entre dous idiomas, falados ó revés! ¡E a cousa non queda aí! Máis adiante puntualizan que só se verifica «a veces».
E este é só un exemplo. O premio da paz tamén ten o seu interese: unha bomba «que provocará que los soldados enemigos se sientan irresistiblemente atraídos sexualmente por los de enfrente».
No more comments.

perla do día (...ou de hai décadas)



Nunca me gustaron moito as películas musicais en xeral, pero o "One" pegóuseme a primeira vez que o oín (como sempre habería que velo no teatro, claro).
E... ¡que elegancia, que coordinación!
Porriba o Barishnikov aí no medio :)

-----
17h15
Escarvando, escarvando encontrei isto:


E agora retírome a seguir meditando sobre unha proposta de mudanza moi interesante que me fixeron onte...

viernes, 28 de septiembre de 2007

actualidade portuguesa



Tamén ó sur do Miño hai esperanza. A verdade é que nunca pensei ver unha reacción tan intelixente por parte dun político (e menos deste en concreto).

lunes, 24 de septiembre de 2007

viernes, 14 de septiembre de 2007

o poder desestresante da música

Canción perfecta para acompañar o traballo:
One Angry Dwarf and 200 Solemn Faces

E xa que non se pode incrustar, aquí tendes outro vídeo (do TFI Friday, o meu programa favorito cuando estaba nas Irlandas):

jueves, 13 de septiembre de 2007

frase do día

«Aprender es como remar contracorriente: en cuanto se deja, se retrocede.»
(Benjamin Britten ou Confucio, segundo onde se investigue. É de pensar que será o segundo, sobre todo porque en inglés hai polo menos 20 versiós diferentes.)
¡Isto é o que me encanta do meu traballo! (Btw só poño a frase en español porque foi así como a usei. Jeje, agora xa é miña en parte.)

protovídeo

por fin podo descansar... por hoxe.
e que mellor que oír música

non sabía que fixeran vídeos, que inculta son.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

desarraigo

envidio a todos os que sinten a pertenza a un lugar.
ós que nunca sentiron que non pertencen a ningún sitio.
ós que non dubidaron nunca onde está o seu fogar.
se soubesen o afortunados que son...

mas os errabundos temos unha vantaxe: nós xa sabemos que inda que volvamos a casa imos seguir sentindo a saudade. porque non se ten saudade dos lugares, senón das persoas.

martes, 11 de septiembre de 2007

lunes, 10 de septiembre de 2007

pequenos placeres (2)

unha conversa cando máis se precisa dela
obrigada :)

sábado, 8 de septiembre de 2007

Berlín

...é mellor do que imaxinaba. Esa cidade ten todo o que é preciso: museos, bares, rúas cheas de vida... todo aquilo que boto en falta en Gaia. Se non fose tan grande non me metería medo e estaría agora mesmo facendo a maleta para irme outra vez a Alemaña. Mais xa non sei se me atrevo a voltar a emigrar.
Neste momento estou convencida de que non estou no meu lugar, pero pra ir a outro sitio sinto que antes teño que reflectir ben. Sería comenzar de novo e xa non teño a enerxía de antaño pra intentar facer novas amizades. ¿Será que me estou convertindo nunha snob ou simplemente un se vai facendo máis selectivo coa idade? Non sei. Penso que sinxelamente non teño enerxía pra perder máis amigos por culpa da distancia. Non quero establecer lazos con persoas que sei que se van ir lonxe irremediablemente.
E ademais volver a emigrar sería continuar fuxindo.
Pero por outro lado sigo pensando que aínda non encontrei o meu lugar... ¡Que dilema!
Volvamos ó positivo. Descubrimentos do Musikinstrumentenmuseum:
trautonio ou trautonium e o piano de doble teclado (máis info en español)
¡¡¡E por fin teño Metrópolis en DVD!!! gracias á tenda do Museum für Film und Fernsehen (xa sei qué vou ver antes do merecido descanso, jeje)

martes, 28 de agosto de 2007

domingo, 26 de agosto de 2007

descubrimento do día (de outro día)

La página no oficial del Partido Popular

(Descubrídea por vós mesmos, sen comentarios previos.)

sábado, 25 de agosto de 2007

noticia curiosa

Parece mentira, pero Noriega xa leva 17 anos en Miami.
Lémbrome da cantidade de comentarios que houbo ó comenzo, imaxinando o tipo de celda de superluxo en que estaría. (Casi seguro que viviu mellor durante estes anos do que moitos dos seus compatriotas que están supostamente en liberdade.)
En Panamá siguen falando do home, ó fin e o cabo inda ten acusaciós pendentes alá. Pero no resto do mundo fómonos esquecendo xiquera de que existía. Para variar.
Agora resulta que probablemente o van extraditar a Francia (¡?).
A volta ó mundo ós 72 anos, jajaja.

outra noticia curiosa

ETA en Portugal

miércoles, 22 de agosto de 2007

o mundo está tolo, tolo, tolo

leo un titular no xornal e quedo alucinada:

Londres baja el precio del autobús gracias a un acuerdo con Chávez

o surrealismo invádenos, ou como di o meu irmao "os sinais son claros, o fin do mundo está a chegar" jajaja

lunes, 20 de agosto de 2007

bloody weekend

está visto que non se poden facer planes... mira prá hora que é, e eu que quería deitarme cedo! pero, en fin, tamén estiven ocupada e así non pensei.
e para desconectar qué mellor que botarlle un ollo ó xornal.
aquí tendes unha perla do one and only Forges:


(con la venia del País, jeje. se teñen algo en contra que avisen que eu retiro a viñeta.)

sábado, 18 de agosto de 2007

implosión

Non sei porque non podo crecer como o resto das persoas. En vez de equilibrarme, cada vez me deixo dominar máis polos impulsos.
1.º exemplo: No persoal. Son unha impaciente. Cando alguén non responde como espero a unha situación empezo a darlle voltas e saco conclusións que posiblemente sexan completamente erróneas. Ou non. Mais non podo saber ó certo e non debería permitir que o non poder saber o que os demais pensan me tire o sono. Non é saudable. Á fin de contas tampouco os demáis poden saber o que penso e siguen vivindo perfectamente sen que eu lles importe.
2.º exemplo: No traballo. Este fin de semana debía ter ido a traballar. Debería estar neste momento facendo un proxecto que o cliente espera recibir o luns (segundo os meus cálculos faltan neste momento máis de vinte horas de traballo). Pero xa cheguei ó meu límite. Xa me estragaron o fin de semana anterior con unha situación parecida; este vou pasalo enterrada na miña casa a ver o tempo pasar. Non quero ver a ninguén, moito menos traballar.
É inadmisible ir dous días de vacacións para encontrar que che teñen acumulado para facer no que queda de semana o traballo de cinco días.
Sei que teño toda a razón*. Pero o luns vai acontecer un desastre.
Se cadra era isto o que se estaba cocendo na miña cabeza ata chegar ó límite. Non sei, síntome totalmente desorientada.

(*polo menos nesto do traballo, no resto de desastre que teño por non-vida...
iso xa é outra historia)

miércoles, 15 de agosto de 2007

Translator's Lament

(with apologies to sticklers for accurate rhymes and scansion)

To be a translator, believe me, it's sad
To be a translator you have to be mad.
Who else would sit all alone in a room
Encased in loneliness more like a tomb?

Who else would fondle a microphone cable
Or typewriter keyboard when perfectly able
To fondle some better, more pliant device?
(It happens to others, they say it's quite nice.)

Who else would apply so much love, care, devotion
To something that is another man's notion?
Who else would spend hours to seek out one word
Just to ensure he writes nothing absurd?

Who else would read carefully through some epistle
Produced by a half-wit who had better whistle
Than write rotten copy that doesn't mean much
Yet expects a translation in, say, perfect Dutch?

Who else would accept that every job's hot
When he knows jolly well that it's probably not
And flog himself silly to see the work through
Then wait for three months not collecting one sou?

Who else would put up at social occasions
With statements like: "Oh, you do translations- ,
There's not much to that, after all it's your lingo,
So where are the problems, why labour that thing so?"

Who else would be willing each day of the year
To sit an exam where the pass-mark's a mere
one hundred percent or maybe just below?
If you think that's easy, why not have a go?

An yet it's a challenge which on reflection
Provides enormous job satisfaction.
Those who enjoy it will never desert
The odd fascination of the "foreign" word - Wort, oh what the hell...

John H. Hayes

lunes, 13 de agosto de 2007

Ф

Sabía que phi andaba por moitos sitios, mais non sabía que fosen tantos.

E aquí hai un vídeo parecido feito moitos anos antes por Walt Disney.

tunning


Debe ser verdade que todos os Fiat son
máis espazosos do que parece.

(A imaxe non é miña, saqueina de aquí. Por favor, se estou
infrinxindo algunha lei -escrita ou non escrita- que alguén me avise.)

domingo, 12 de agosto de 2007

desinformación

Estou vendo nas noticias e lendo no xornal ó mesmo tempo a mesma noticia. Un terramoto (ou máis ben simple sismo) sentiuse en toda a península.
Segundo a RTP non tivo ningún efecto e só 3 réplicas.
Segundo El País, unha sala do Teatro de Almagro quedou "totalmente destrozada" e as réplicas foron 50.
Ou uns non teñen fontes fiables ou os outros son uns esaxerados.
¿De onde sacan a información que nos dan?

jueves, 9 de agosto de 2007

technique

seguro que tendes visto ese vídeo en que resolven unha multiplicación trazando unhas liñas e marcando os cruzamentos con puntiños. pois este é inda mellor

domingo, 5 de agosto de 2007

Tira Ecol

Tira Ecol
(últimamente as pausas están sendo máis productivas que o traballo. teño medo.)

sábado, 4 de agosto de 2007

nomes galegos, etc.

buscando material pra unha tradución tropecei con isto:

e dalí fun dar a isto:

como din eles mesmos ¡que rule!

viernes, 27 de julio de 2007

descubrimento do día

El Tesoro de la Jumentud

determinación

ou revelación, como se prefira: acabo de empezar unha nova racha de simplificar a miña vida. (A ver esta canto me dura.)
Comencei polo meu recentemente sincerizado perfil. Pra empezar fixen unha nova escolla dos libros... e inevitablemente acabei por lembrarme dun que non puxera anteriormente.
Pouco a pouco. Como dixo outro: "Vísteme despacio, que tengo prisa".

miércoles, 25 de julio de 2007

despiste crónico

¡ten que me chamar miña nai desde o outro lado do charco para dicirme que hoxe é o Santiago Apóstol*! hai que foderse...
¡¡¡¡consentreixon!!!!
adeus, lectores ficticios, que son unha persoa moi ocupada e non teño tempo para vós.
--
*¿Díse «apóstol» ou «apóstolo»? Palabra máis rara...

domingo, 22 de julio de 2007

outro fin de semana reflexivo

despois de por fin ver Dogville (non sei qué terá que ver) decidín que xa era hora de mudar ese perfil tan evasivo que tiña e informar ó mundo da miña persoa.
a miña natureza indecisa impídeme escoller só unha película ou un libro, por tanto seleccionei aqueles que me marcaron nalgún momento da miña vida.
aí están algunhas das películas (e directores, para abreviar, senón as primeiras serían casi todas as de Hitchcock) que vexo cada vez que podo.
no referente á música e ós libros están por orde de descubrimento.
e as películas non están todas. por exemplo podería ter incluido Como agua para chocolate, Dead Man, El día de la bestia, Lola rent, Metropolis, Nosferatu, Out of Africa, Tesis, Un lugar en el mundo ou What's Up Doc? mas antes diso tería que volver a velas. se cadra xa non me gustan tanto, non me lembro ben.
en fins patatíns, volvo ó meu estado reflexivo. chao

viernes, 20 de julio de 2007

sorprendente

e eu sen coñecer esta faceta do Celentano!



bueno, voume retirar a tentar arranxar unha vida

jueves, 19 de julio de 2007

esta vez: Irán

outra campaña de Amnistía Internacional contra a pena de morte
asina
o mundo parece que non aprende

lunes, 16 de julio de 2007

reflexión absurda

¿cal sería o hábitat das pombas se os humanos non tivesen inventado as cidades?

miércoles, 4 de julio de 2007

Me cago en el amor, etc. etc.

Tras un día de ganas de pirarme do traballo en calquera momento e non voltar nunca (pasei toda a tarde reformulando o discurso que lle ía soltar ó xefe dicíndolle por onde se podía meter os cartos que inda non me pagou. Vamos, un día normal)... en fin, tras este día fun á clase de piano (todo saiu horrible, como sempre), pero cheguei a casa e tiña no correo este enlace dun amigo portugués que parece estarse aclimatando moi ben á vida en Barna:



¡Había tantos anos que non oía esta canción!
Xa estou outra vez de mellor humor :)
Mais non consigo inda esquecer o shock que levei ás 5.50, cando me espertei suando en medio dun soño ¡¡¡en portugués!!!
Pase que xa non poda distinguir perfectamente entre galego e portugués, mais cruzar a fronteira dos soños... ¡isto xa é demasiado! (Claro que ten o lado positivo de que agora posiblemente xa non soñe en alemán. Aquilo era inda máis desconcertante...)

sábado, 30 de junio de 2007

usted lo ha pedido

Por fin un día para non facer nada. O que se convirte en horas de revisar correo acumulado. É o que ten ter amigos forwardeadores compulsivos. E, claro, unha ociosa como eu ó entrar en youtube está perdida.
Pero encontra cousas interesantes como estas:


No comments.



¡Que recordos! (para nós nas américas chamábase "la rana René", sempre me pareceu un nome moi ben escollido.)



Xa me gustaba moito esta canción... e nunca tiña visto o vídeo (!)
¿Alguén sabe ler os labios? Bitte, bitte, bitte!!

viernes, 29 de junio de 2007

¡Jajajajaja!
Parece que ó final se cumple o que me temía: que ninguén coñece a ninguén (...completamente). Se me coñecésedes saberíades perfectamente que a min as rachas de mal humor rápido me pasan. Inda que ata que pase o matador luns non estou salva de todo...

Para Taschennibelungin: a ver si te aplicas el cuento e informas de tu vida. Te agradezco haberme enterado de que se murió Maria Gripe, pero lo que quiero saber es como vives tú :)

Para o «essencioso»: tens que sair!
non me gusta nada ver os "frutos" da miña diarrea mental tornárense tan corpóreos. vou voltar ó modo de revisar todo o que escribo e non permitir que todo saia así, automáticamente. pode resultarlle a algunhas persoas, mais a min non me axuda. síntome peor.

insomnio ou abulia

sinto que me invade o drifting, coma sempre. ¿por que nunca consigo reaccionar a tempo? ¿e por que reaccionar? sería mellor actuar dunha puta vez. mais para iso hai q saber o que un quere e... ó final ¿que quero eu?
sei que non quero seguir como estou. a independencia é moi boa, pero a incomunicación mátame pouco a pouco. ¿por que me resulta tan difícil comunicarme con outras persoas?
nin sequera sei cómo me podo dedicar a unha profesión centrada na linguaxe humana. non estou mínimamente cualificada.
mais...

debía ter mantido o luns como vacaciós en lugar de trocalas consonte as necesidades da empresa. como sempre, antepoño as necesidades dos demais ás miñas.
vai ser o peor día desta depresión crónica que se repite todos os anos. o único que me apetecería sería pasar o día paseando polas rúas do centro, ou pola praia, illada do mundo.

acabouse. non escribo máis. xa hai lixo dabondo escrito neste mundo. (e a maioría dese lixo ten incluso máis coherencia/cohesión/whatever ca isto.)

jueves, 28 de junio de 2007

a música e os seus efectos

hoxe non era día de oir ós Smith... mais sempre cometo os mesmos erros
over and over and over... e agora non me sae da cabeza "the soil falling over my head"

miércoles, 27 de junio de 2007

muiñeira-ska



Cosas veredes, Sancho
Globalización a lo bestia

martes, 26 de junio de 2007

procrastination e introspección

Levo un tempo demasiado prolongado nunha fase introspectiva que eu cría que podía ter moitos aspectos negativos, pero que polo menos me permitiría chegar a algunha conclusión sobre a miña propia forma de ser. Tiña a esperanza de poder aprender dunha vez por todas a dirixir a miña vida do xeito que quero e ó mesmo tempo conseguir funcionar máis ou menos dentro da sociedade.
En todo este tempo (anos, si) creo que só cheguei a comprender que non estou feita para este mundo, pero tampouco teño por qué estalo. O mundo ten que se adaptar a min.
[aquí entra o factor "procrastination" do título...]
---
Esto escribírao onte, e non pensaba publicalo. Mas seguindo un consello dun amigo, non o vou ler nin sequera unha vez máis. Vai saír liberado ó mundo tal como está. Aburiño.

sábado, 26 de mayo de 2007

¡Gracias!

Unha confirmación máis de que por moito que me esforce non podo ser a peor tradutora do mundo.
Mmmm... non sei qué escoller...
O clock monsieur se cadra é un pouco indixesto... Pero calquera cousa menos a french fly, for f***s sake!!
(O f***s significa "fly's", claro. Non quero que me eliminen da interné.)

domingo, 29 de abril de 2007

mapmyname

Unha idea moi graciosa para fichar a todos os internautas do mundo.
E xa tuvo que ir un simpático a por os políticos no mapa. Este jovenzuelo

invitou a Cavaco Silva e ó primeiro ministro portugués, José Sócrates, entre outros, a introducir os seus datos, jajaja.
E claro, como link do Sócrates plantou a web da Universidade Independente. Para quen non o saiba supostamente o título universitario do mandatario é bastande dubidoso e a dita universidade está pasando por unha investigación ou similar que se cadra termina con o seu peche (se non cerrou xa, que hai moito tempo que non vexo un xornal en condiciós).
Estuven a punto de porlle ó rapaz unha flag de inapropriate, mais tuvo unha idea tan graciosa que só me gustaría que tivese deixado un mail para lle escribir coas miñas felicitaciós.
By the way, así aparezo eu:

¿Cando deixaremos os traductores de ter como profesión other?

sábado, 21 de abril de 2007

ch-ch-ch-changes

Xa se foi a Rocío camiño a Berlín. E a Carmen tamén se vai. En fin, outra vez sola no traballo. Un departamento unipersonal. ¿Terei dereito a ir ás reuniós de xefes de departamento?
Cada vez que vexo unha pirarse do curro póñome outra vez a reflexionar sobre o rumbo da miña vida.
¿Establézcome (semi)permanentemente en Gaia ou volvo a buscar outro lugar pra vivir?
¿Onde está o meu fogar?

flexibilidade e cor

gustábame moito o blog con fondo negro, pero non había quen conseguise ler nada.
unha vez máis é preciso sacrificar a estética en pro da comodidade, grrrr.

existencialismo, once again

Estoume empezando a fartar de ter que ser sempre agradable con todos. Creo que me pasa o que ó tal Brian (o de What about Brian?): sempre quero axudar a todos e non penso o suficiente en min mesma. Se cadra non é exactamente así a cousa, pero creo que me esforzo demasiado en non ser egoísta e ó final vexo como todos evolucionan e avanzan nas súas vidas, mentres que eu estou como estancada, sen facer o que sexa que realmente quero facer coa miña vida.
¿Será que me estou volvendo tola de tanto pensar?
O eterno dilema: ¿sou como os outros ou sou un bicho raro? Somos todos persoas intrínsecamente diferentes, pero comparables ou hai persoas máis "profundas" que as outras?
Posiblemente o meu raciocinio vaia por camiños moi particulares (pero tamén pode que simplemente me faga as mesmas preguntas que nos facemos e nos respondemos todos). Para min todo se resume a un só dilema: ¿por que non podemos ter nunca a certeza do que pensan os demais? Concordo en que con esta variedade o mundo é máis interesante, pero non é menos verdade que a vida é complicada ó non termos nunca a certeza de que vemos e comprendemos a realidade tal como é. Quero dicir, ¿ata que punto sabemos que sabemos? ¿Ata que punto somos capaces de ver en cada situación máis alá das nosas narices? ¿Somos capaces de imaxinar realmente todos os puntos de vista de todas as situaciós polas que pasamos durante a nosa vida?
¿Ata que punto somos conscientes das consecuencias que teñen os nosos actos na vida dos demais? Estou casi segura (¿será posible?) de que a todos nos ten acontecido nalgún momento das nosas vidas o caso típico de que algo que fixemos e ó que non dimos ningún tipo de importancia deixou marcada permanentemente a outra persoa. Non sei se todos terán pasado ou van pasar por iso nalgún momento, mais polo menos no meu caso verifícase: teño a certeza de que algún grande acontecemento da miña vida ocasionado por outra persoa non tivo ningún tipo de influencia na vida da persoa "culpable".
Uffff, estou outra vez caíndo no abismo existencialista. Se cadra esto do blog non foi boa idea. Mellor vou ver a televisión.

domingo, 25 de marzo de 2007

Federico, perdóname

Onte toquei en público por primeira vez en ¿12 anos tal vez? Xa nin me lembro de cando tocara por última vez nun escenario, pero foi no cine Rivas, e xa hai moitos anos que o derrubaron. Cómo pasa o tempo.
En fin, que por fin voltei tocar, e laméntoo moito por Chopin, porque non merecía un trato así.
O curioso do caso é que houbo partes que teño a sensación de que toquei ben, pero non me lembro de pasar por elas.
Creo que conseguí chegar ó final da peza sen que se notase moito que me saltei como mínimo dous compases que non saían nin a tiros. Non sei o tempo que me levou decidir saltar eses compases ó verme entalada... pero pareceume unha eternidade.
E non toquei ben nin un só trino, trilo, ou como se diga en galego.
¡¡¡Que horror!!! Je suis desolé, Fryderyk.

domingo, 11 de marzo de 2007

en obras

Aquí buscando a traducción de Baustellenordnung encontreime con esto, sobre outro tipo de obra: opuslibros.
Qué bo saber que inda despois dos lavados de cerebro a cordura humana pode vencer.

domingo, 4 de marzo de 2007

o metro de londres


Despois de que a Taschennibelungin enviase un test sobre coñecimentos culturais ingleses, entroume o pique e estiven investigando na rede sobre curiosidades british. Sobre todo de Londres. E encontrei moitas cousas moi interesantes sobre o metro e as estaciós abandonadas, algunhas xa antes dos anos 20. (Flipante. Qué pouca planificación, digo eu.)
Aquí están os enlaces:
Subterranea Britannica
London's Abandoned Tube Stations

o de sempre

Aquí, pra variar, rumiando sobre o futuro. ¿Qué quero facer realmente? O ideal era ser freelance e vivir nun sitio como Candem Town, Notting Hill, Schwabing, Galway, Compostela... anywhere but here, pra resumir. Mas aquí hai unha persoa que pode ser interesante manter na miña vida. ¡Qué dilema! ¿Vida profesional ou personal? Ten que haber unha «terceira vía»...
Teño que reunir forzas, establecerme como independiente e despois xa veremos onde quero pagar alugueiro, jaja.

sábado, 24 de febrero de 2007

yet another lonely weekend...

un fin de semana de descanso está moi ben. Pero cando botan outra vez Bridget Jones na tele, e a volves ver, e gostas da peli inda que saibas os diálogos de memoria, e xa tes trinta anos... empezas a identificarte demasiado coa protagonista.
E se cadra iso non é tan bo. Só me falta empezar a escoitar All by myself e comprar discos de Celine Dion!!! ¡Que horror só de pensalo!
Creo que sería mellor apagar a tele e escoitar algo de Franz Ferdinand, por exemplo. Some energy, please!

domingo, 18 de febrero de 2007

descubrimento

unha mostra do que se pode encontrar na net, isto consigue sorprenderme cada día... e cada noite. ¿Como é posible que non coñecese esta páxina?

miércoles, 14 de febrero de 2007

O traballo ¿é saúde?

Non estou xa moi segura. Despois dun mes desde que volvín das vacaciós só penso en coller polo menos unha semana de «rañar barriga»...

jueves, 8 de febrero de 2007

¡Peaso furrada!

Unha mina de diamantes que ben parece unha entrada ó inframundo.
Seica esto é a cidade de Mirna, en Rusia. Que bestias somos os humanos... No further comments.

Trampas da comunicación

Isto de estar sempre comunicados ten o seu lado negativo. Todos pensan que tes o ordenata conectado as 24h e que recebes todas as mensaxes. E despois precisamente no día (¡capullo do Murphy!) en que decides facer unha cura de desintoxicación tesnolóxica, ten que vir un cliente e enviar un encargo. E o que debía ser «pan comesto» convértese nun atracón de última hora e ás tantas da noite. ¡¡¡Grrr!!! Ich kann es nicht fassen! Warum???
Bueno, vou ver se consigo descansar un pouquiño...

miércoles, 7 de febrero de 2007

viva la tra(d)ición

Estame poñendo moi nerviosa a forma en que está traducido isto. Xa damos como válido que non se poda poñer en galego, pero ¿¿«publicado los 00.09»?? ¿Que idioma é ese, pardiez?
Así non hai quen se inspire pra escribir.

lunes, 5 de febrero de 2007

timofónica and co.

Así que mañá en España tendes folga de móviles. ¡As noticias que chegan por emilio son do piorío! ¿Que fan unha lei para obligar ás telefónicas a facturar por segundos? Pos hala, xa inventan eles o modo de que todo quede como estaba (tamén non había que ser moi listos pra imaxinar que isto ía acontecer. Qué ilusos somos ás veces.)

A la aventura

Esto dos blogs sempre me pareceu unha especie de ciencia ficción á que non pertencía... mais, coma sempre, eu chego tarde ás novidades (ou elas a min) pero acabo por me adaptar, sort of.
Era visto que ía terminar por crear blog.
O que non significa que o vaia manter, claro.
Non hai promesas nin compromisos de ningún tipo.
E sorry, amigos lectores ficticios, pero tampouco podo dicir exactamente en que idioma vou escribir, porque nin eu o sei. Os integristas de calquera tipo mellor que vaian ler a outra parte, que hai moito e moito máis interesante polo mundo adiante.

Archivo del blog

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego