miércoles, 4 de julio de 2007

Me cago en el amor, etc. etc.

Tras un día de ganas de pirarme do traballo en calquera momento e non voltar nunca (pasei toda a tarde reformulando o discurso que lle ía soltar ó xefe dicíndolle por onde se podía meter os cartos que inda non me pagou. Vamos, un día normal)... en fin, tras este día fun á clase de piano (todo saiu horrible, como sempre), pero cheguei a casa e tiña no correo este enlace dun amigo portugués que parece estarse aclimatando moi ben á vida en Barna:



¡Había tantos anos que non oía esta canción!
Xa estou outra vez de mellor humor :)
Mais non consigo inda esquecer o shock que levei ás 5.50, cando me espertei suando en medio dun soño ¡¡¡en portugués!!!
Pase que xa non poda distinguir perfectamente entre galego e portugués, mais cruzar a fronteira dos soños... ¡isto xa é demasiado! (Claro que ten o lado positivo de que agora posiblemente xa non soñe en alemán. Aquilo era inda máis desconcertante...)

No hay comentarios:

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego