martes, 23 de octubre de 2007

beginning of a great adventure

Chegou o momento da verdade. Dentro de dous meses vou estar completamente on my own. Acabouse imaxinar un futuro perfecto, vou ter que saír da comodidade e loitar cada día para conseguir un presente imperfecto pero mellor (e poder pagar as contas, jajaja). Sen ningún tipo de seguridade. No safe net. Sei que é un risco que teño que correr... mais teño medo. Moito medo.
Pero o meu medo non importa. Isto era inevitable.
E despois de organizar a miña vida profesional non estaría mal aprender a relacionarme con outros seres humanos dunha forma un pouco máis normal.
Tempo ó tempo, non se pode conseguir todo dunha vez...

sábado, 20 de octubre de 2007

jueves, 11 de octubre de 2007

pequenos placeres (3)

este post só ten como obxectivo despertar envexa:
levo desde onte oíndo sen parar o
novo disco de
radiohead

jejeje
(ok, xa sei que tanto vos ten, pero a min non!)

viernes, 5 de octubre de 2007

IgNobel

Entre los premiados de los conocidos como antiNobel están este año tres españoles de la Universidad de Barcelona que demostraron que las ratas no distinguen entre el japonés y el holandés, hablados al revés.
¿Arreinx? ¿Falados ó revés? ¿Que pasa, que si é falados ó direito entonces as ratas distinguen os idiomas? ¿Alguén gastou cartos en investigar se uns roedores consiguen distinguir entre dous idiomas, falados ó revés! ¡E a cousa non queda aí! Máis adiante puntualizan que só se verifica «a veces».
E este é só un exemplo. O premio da paz tamén ten o seu interese: unha bomba «que provocará que los soldados enemigos se sientan irresistiblemente atraídos sexualmente por los de enfrente».
No more comments.

perla do día (...ou de hai décadas)



Nunca me gustaron moito as películas musicais en xeral, pero o "One" pegóuseme a primeira vez que o oín (como sempre habería que velo no teatro, claro).
E... ¡que elegancia, que coordinación!
Porriba o Barishnikov aí no medio :)

-----
17h15
Escarvando, escarvando encontrei isto:


E agora retírome a seguir meditando sobre unha proposta de mudanza moi interesante que me fixeron onte...

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego