sábado, 24 de febrero de 2007

yet another lonely weekend...

un fin de semana de descanso está moi ben. Pero cando botan outra vez Bridget Jones na tele, e a volves ver, e gostas da peli inda que saibas os diálogos de memoria, e xa tes trinta anos... empezas a identificarte demasiado coa protagonista.
E se cadra iso non é tan bo. Só me falta empezar a escoitar All by myself e comprar discos de Celine Dion!!! ¡Que horror só de pensalo!
Creo que sería mellor apagar a tele e escoitar algo de Franz Ferdinand, por exemplo. Some energy, please!

domingo, 18 de febrero de 2007

descubrimento

unha mostra do que se pode encontrar na net, isto consigue sorprenderme cada día... e cada noite. ¿Como é posible que non coñecese esta páxina?

miércoles, 14 de febrero de 2007

O traballo ¿é saúde?

Non estou xa moi segura. Despois dun mes desde que volvín das vacaciós só penso en coller polo menos unha semana de «rañar barriga»...

jueves, 8 de febrero de 2007

¡Peaso furrada!

Unha mina de diamantes que ben parece unha entrada ó inframundo.
Seica esto é a cidade de Mirna, en Rusia. Que bestias somos os humanos... No further comments.

Trampas da comunicación

Isto de estar sempre comunicados ten o seu lado negativo. Todos pensan que tes o ordenata conectado as 24h e que recebes todas as mensaxes. E despois precisamente no día (¡capullo do Murphy!) en que decides facer unha cura de desintoxicación tesnolóxica, ten que vir un cliente e enviar un encargo. E o que debía ser «pan comesto» convértese nun atracón de última hora e ás tantas da noite. ¡¡¡Grrr!!! Ich kann es nicht fassen! Warum???
Bueno, vou ver se consigo descansar un pouquiño...

miércoles, 7 de febrero de 2007

viva la tra(d)ición

Estame poñendo moi nerviosa a forma en que está traducido isto. Xa damos como válido que non se poda poñer en galego, pero ¿¿«publicado los 00.09»?? ¿Que idioma é ese, pardiez?
Así non hai quen se inspire pra escribir.

lunes, 5 de febrero de 2007

timofónica and co.

Así que mañá en España tendes folga de móviles. ¡As noticias que chegan por emilio son do piorío! ¿Que fan unha lei para obligar ás telefónicas a facturar por segundos? Pos hala, xa inventan eles o modo de que todo quede como estaba (tamén non había que ser moi listos pra imaxinar que isto ía acontecer. Qué ilusos somos ás veces.)

A la aventura

Esto dos blogs sempre me pareceu unha especie de ciencia ficción á que non pertencía... mais, coma sempre, eu chego tarde ás novidades (ou elas a min) pero acabo por me adaptar, sort of.
Era visto que ía terminar por crear blog.
O que non significa que o vaia manter, claro.
Non hai promesas nin compromisos de ningún tipo.
E sorry, amigos lectores ficticios, pero tampouco podo dicir exactamente en que idioma vou escribir, porque nin eu o sei. Os integristas de calquera tipo mellor que vaian ler a outra parte, que hai moito e moito máis interesante polo mundo adiante.

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego