viernes, 28 de septiembre de 2007

actualidade portuguesa



Tamén ó sur do Miño hai esperanza. A verdade é que nunca pensei ver unha reacción tan intelixente por parte dun político (e menos deste en concreto).

lunes, 24 de septiembre de 2007

viernes, 14 de septiembre de 2007

o poder desestresante da música

Canción perfecta para acompañar o traballo:
One Angry Dwarf and 200 Solemn Faces

E xa que non se pode incrustar, aquí tendes outro vídeo (do TFI Friday, o meu programa favorito cuando estaba nas Irlandas):

jueves, 13 de septiembre de 2007

frase do día

«Aprender es como remar contracorriente: en cuanto se deja, se retrocede.»
(Benjamin Britten ou Confucio, segundo onde se investigue. É de pensar que será o segundo, sobre todo porque en inglés hai polo menos 20 versiós diferentes.)
¡Isto é o que me encanta do meu traballo! (Btw só poño a frase en español porque foi así como a usei. Jeje, agora xa é miña en parte.)

protovídeo

por fin podo descansar... por hoxe.
e que mellor que oír música

non sabía que fixeran vídeos, que inculta son.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

desarraigo

envidio a todos os que sinten a pertenza a un lugar.
ós que nunca sentiron que non pertencen a ningún sitio.
ós que non dubidaron nunca onde está o seu fogar.
se soubesen o afortunados que son...

mas os errabundos temos unha vantaxe: nós xa sabemos que inda que volvamos a casa imos seguir sentindo a saudade. porque non se ten saudade dos lugares, senón das persoas.

martes, 11 de septiembre de 2007

lunes, 10 de septiembre de 2007

pequenos placeres (2)

unha conversa cando máis se precisa dela
obrigada :)

sábado, 8 de septiembre de 2007

Berlín

...é mellor do que imaxinaba. Esa cidade ten todo o que é preciso: museos, bares, rúas cheas de vida... todo aquilo que boto en falta en Gaia. Se non fose tan grande non me metería medo e estaría agora mesmo facendo a maleta para irme outra vez a Alemaña. Mais xa non sei se me atrevo a voltar a emigrar.
Neste momento estou convencida de que non estou no meu lugar, pero pra ir a outro sitio sinto que antes teño que reflectir ben. Sería comenzar de novo e xa non teño a enerxía de antaño pra intentar facer novas amizades. ¿Será que me estou convertindo nunha snob ou simplemente un se vai facendo máis selectivo coa idade? Non sei. Penso que sinxelamente non teño enerxía pra perder máis amigos por culpa da distancia. Non quero establecer lazos con persoas que sei que se van ir lonxe irremediablemente.
E ademais volver a emigrar sería continuar fuxindo.
Pero por outro lado sigo pensando que aínda non encontrei o meu lugar... ¡Que dilema!
Volvamos ó positivo. Descubrimentos do Musikinstrumentenmuseum:
trautonio ou trautonium e o piano de doble teclado (máis info en español)
¡¡¡E por fin teño Metrópolis en DVD!!! gracias á tenda do Museum für Film und Fernsehen (xa sei qué vou ver antes do merecido descanso, jeje)

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego