jueves, 24 de enero de 2008

chapuzas


Curioso concurso da Voz de Galicia en que os lectores enviaron fotografías das mellores (ou, mellor dito, peores) chapuzas do ano.
Esta non é necesariamente a mellor, pero tiña que escollela por ser de preto da miña aldea. Conste que nunca vin ese sinal de tráfico. A foto é dun tal Andrés López Pérez. Tamén pra que conste.

¿¿por que!!

¿Por que por moitos años que teñamos os nosos pais nos siguen tratando coma nenos?
Hoxe, de maneira excepcional, fun ó cinema con unha amiga e ó saírmos tiña 13 chamadas perdidas de miña nai no teléfono. (Sempre o poño en silencio, en lugar de apagalo, para que non lle saian grabaciós extrañas en idiomas que non comprende. Que porriba de non poder falar comigo ten que pagar pola chamada. Palabras textuais. ¿Para que quererá os cartos? Se cadra sin sabelo vou ter unha herdanza interesante co que forra miña nai en teléfono por me ter discretamente feito sentir a obrigación de non activar nunca o buzón de voz.)
Inmediatamente enviei unha mensaxe ó meu irmao, que a estas horas se cadra inda non durmía. E vai e inmediatamente chámame miña nai botándome en cara que estaba moi preocupada. Para variar.
Hai anos que lle expliquei que non atender o móvil non significa que estexa morta. Pode ser que estexa no metro, no cinema, nunha festa... ¿Que idade teño que ter para que lle entre na cabeza que cabe a remota posibilidade de eu ter vida propia?
(Btw, Atonement non é tan boa como prometía. Se cadra o libro é mellor, vai ti saber. E o disco de Tone, o primeiro que se pode baixar daquela web danesa sobre a que escribín hai uns días, parece interesante. Teño que oílo máis veces con calma.)

martes, 15 de enero de 2008

unha confirmación máis

¡¡¡Non estou tola, non estou tola, non estou tola!!! Aí di ben clariño na parte inferior esquerda: "música interpretada por Marlango".
Se cadra tamén aquí o anuncio dicia iso, pero co meu crappy TV dificilmente o ía ver.

Urlyd

Qué sorpresa ó ler no xornal que existe unha discográfica que funciona con Creative Commons. Aquí tendes o enlace, queridos lectores ficticios, por se queredes oír música nova, de gratis e legalmente. Incluso podedes inscribirvos na súa lista de correo e ¡avísanvos eles cando estexa disponible unha descarga nova!
Urlyd
The world is slowly improving, after all!

viernes, 11 de enero de 2008

esperando o correo que nunca chega

hai que ir sobrevivindo cos vídeos.
unha pra quen tiña morriña das guitarras e outra pra quen quera sinxelamente rir un chisco.

minicoche barato

un coche por 1700 euros, si señores leron ben, claro que é todo de plástico... non sei se resistirá un choque nin qué velocidade alcanza, pero polo menos servirá para desplazarse, espero

Un coche que vale lo mismo que un DVD

martes, 8 de enero de 2008

ola dousmiloito

Perdonade o abandono, queridos lectores ficticios. Estiven un pouco incomunicada do mundo internetoidal.
Por fin de volta en casa. Pensaba estar un mes cos vellos, pero dúas semanas coa fámili son máis que suficientes. ¡¡Ata tiña saudades do traballo!! Xa non teño paciencia pra oír comentarios retrógrados a diario.
O bo de ir á vila foi ver as amigas que a pesar da distancia o siguen sendo na esencia.
Tamén agradezo moito ós reis os novos zapatos que me trouxeron. Sobre todo visto que a caixa do disco de Radiohead inda non chegou. Grrrr.
Alá todo sigue igual, todos siguen na mesma pero mudando pouco a pouco... E se os meus pais comprendesen que eu vivise na miña propia casa se cadra podería vivir alí. Ó fin e o cabo gústame moito o parque forestal e os bares non están mal, jeje. Pero tal como son os vellos de asfixiantes, toca seguir na emigración.
En fin, a comenzar en serio coa nova vida :D

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego