viernes, 27 de julio de 2007

descubrimento do día

El Tesoro de la Jumentud

determinación

ou revelación, como se prefira: acabo de empezar unha nova racha de simplificar a miña vida. (A ver esta canto me dura.)
Comencei polo meu recentemente sincerizado perfil. Pra empezar fixen unha nova escolla dos libros... e inevitablemente acabei por lembrarme dun que non puxera anteriormente.
Pouco a pouco. Como dixo outro: "Vísteme despacio, que tengo prisa".

miércoles, 25 de julio de 2007

despiste crónico

¡ten que me chamar miña nai desde o outro lado do charco para dicirme que hoxe é o Santiago Apóstol*! hai que foderse...
¡¡¡¡consentreixon!!!!
adeus, lectores ficticios, que son unha persoa moi ocupada e non teño tempo para vós.
--
*¿Díse «apóstol» ou «apóstolo»? Palabra máis rara...

domingo, 22 de julio de 2007

outro fin de semana reflexivo

despois de por fin ver Dogville (non sei qué terá que ver) decidín que xa era hora de mudar ese perfil tan evasivo que tiña e informar ó mundo da miña persoa.
a miña natureza indecisa impídeme escoller só unha película ou un libro, por tanto seleccionei aqueles que me marcaron nalgún momento da miña vida.
aí están algunhas das películas (e directores, para abreviar, senón as primeiras serían casi todas as de Hitchcock) que vexo cada vez que podo.
no referente á música e ós libros están por orde de descubrimento.
e as películas non están todas. por exemplo podería ter incluido Como agua para chocolate, Dead Man, El día de la bestia, Lola rent, Metropolis, Nosferatu, Out of Africa, Tesis, Un lugar en el mundo ou What's Up Doc? mas antes diso tería que volver a velas. se cadra xa non me gustan tanto, non me lembro ben.
en fins patatíns, volvo ó meu estado reflexivo. chao

viernes, 20 de julio de 2007

sorprendente

e eu sen coñecer esta faceta do Celentano!



bueno, voume retirar a tentar arranxar unha vida

jueves, 19 de julio de 2007

esta vez: Irán

outra campaña de Amnistía Internacional contra a pena de morte
asina
o mundo parece que non aprende

lunes, 16 de julio de 2007

reflexión absurda

¿cal sería o hábitat das pombas se os humanos non tivesen inventado as cidades?

miércoles, 4 de julio de 2007

Me cago en el amor, etc. etc.

Tras un día de ganas de pirarme do traballo en calquera momento e non voltar nunca (pasei toda a tarde reformulando o discurso que lle ía soltar ó xefe dicíndolle por onde se podía meter os cartos que inda non me pagou. Vamos, un día normal)... en fin, tras este día fun á clase de piano (todo saiu horrible, como sempre), pero cheguei a casa e tiña no correo este enlace dun amigo portugués que parece estarse aclimatando moi ben á vida en Barna:



¡Había tantos anos que non oía esta canción!
Xa estou outra vez de mellor humor :)
Mais non consigo inda esquecer o shock que levei ás 5.50, cando me espertei suando en medio dun soño ¡¡¡en portugués!!!
Pase que xa non poda distinguir perfectamente entre galego e portugués, mais cruzar a fronteira dos soños... ¡isto xa é demasiado! (Claro que ten o lado positivo de que agora posiblemente xa non soñe en alemán. Aquilo era inda máis desconcertante...)

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego