Mostrando las entradas con la etiqueta mundo curioso. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta mundo curioso. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2009

frikada total

Por algo... Xa non me lembraba de que hoxe é o día do orgullo friki. Por iso sentín a necesidade de compartir eses vídeos precisamente hoxe. Todo ten unha explicación.

domingo, 17 de agosto de 2008

posreflexión

Se cadra algún de vós, meus lectores ficticios, vos teredes preguntado onde me tiña metido. Pois estou de «pulsos convalecentes», así que procuro teclear o mínimo imprescindible. (Sorry polo estilo telegramático.)
Hoxe saio do meu silencio porque lin unha noticia que me chamou a atención: Un documento del FBI prueba que Estados Unidos buscó a Hitler en España.
Isto significa que inda segue polo mundo adiante a teoría de que fuxiu pra Latinoamérica. O primeiro que me veu á cabeza foi unha escena de Enredo (Soap, Dos locas familias, chámalle x) en que aparecía Hitler de camareta en Bolivia. (Sorry, non o encontro no yutiub.)
E xa que estou escribindo, aproveito pra compartir esta outra noticia, que tamén ten intríngulis:
Letizia: «¡Yo soy una princesa!»
Pagaría por ter visto a cara que puxo, jajaja.
--
Cambiando de tema... non me lembro canto tempo levaba sen ir ó facebook e encontreime con que anduveron cambiando cousas... (eso dicía a mensaxe de benvida) pero inda non vin nada diferente... ¡¡AAAhh!! vale, teño que premer na barra de enriba. Vamos ver qué fixeron estes agora...
Polo visto vai mais lento e está empeñado en que me descargue unha actualización do flax. Van aviados.

miércoles, 20 de febrero de 2008

Historia dunha votación

Pra unha vez que nos permiten elixir abertamente o representante a Eurovisión (ou polo menos facer a preselección) e non sei a quen votar. Vamos ver o que hai por aí:
De primeiro neste momento está este elemento, Chikilicuatre, e a tentación de darlle o voto é demasiado grande. Por fin temos en España tamén o noso Dustin. ¡¡Semos europeos!!
De segundo vai algo máis digno dun voto serio, La Casa Azul, pero inda que musicalmente non están mal, esa voz faime lembrar demasiado ós Hombres G. ¡Puaj!
De terceiro xa comenza a aparecer a tralla «a la Operación Triunfo». Por encima a tal Mayte canta un trozo en inglés... send eggs. A tal Coral e a Anael son outras que tal bailan. Hai que recoñecer que teñen voz e todo iso, pero no way.
¡Ai diorrr mío! Que a este paso ó final voy acabar votando polo Chikilicuatre ese...
Teño medo coa seguinte, Mirela, ¡¡naceu en 1990!! O fin do mundo está a chegar, xa non son dos 80, pasou outra década. Pois comparada coas últimas parece polo menos que ten máis forza. «I feel stronger», tampouco sei porque non me pasou tal posibilidade pola cabeza. Uff, agora xa é moito berro de dios.
Aaarrrrgggghhh, o que faltaba: «Un olé». Qué título. Polo nome debería ser vasco (Arkaitz). É antinatural, un vasco aflamencao imitador de Ricky Martin.
Toda a miña fe queda depositada en Los Wachos estes, que porriba son de Ourense. Debería apoiar un pouco o talento local. Vamos oír... [INTERMISSION] Jajajaja, ¡¡¡a letra é o mellor!!! Esquecede o Chikilicomofose, se non encontro nada serio voto por «Wacho Wacho», sería impagable ver alguén cantando isto en eurovisión.
Moito mellor do que «La danza del amor»... teño que empezar saltar as que teñan títulos tan pouco prometedores. Vou vomitar.
Bizarre, estes polo menos parecen músicos en serio. Pero comenzan casi como a mesma meeggde. Despois xa parece algo máis arrockado, pero non, vai ser que non. Flipo, citan como influencias Keane, Depeche Mode (¡¡sacrilexio!!), U2, Colplay [sic.], Nirvana, Him, The Rasmus, Rem, Police, Green Day, Inme, Three Days Grace, Incubus, Panic! at the disco, Jimmy eat world. Só vexo un pouco de The Rasmus, pero esa voz é horrible. (Bueno, horrible, horrible, non. É cuestión de gustos.)
Ufff, non sei por qué sinto a obriga de emitir un voto para sentirme con dereito a criticar o resultado. Se non escollo algo despois non podo dicir que sempre mandan o mesmo lixo a Eurovisión... pero a cousa está difícil.
E empeoramos, os seguintes son directamente unha mestura de merengue con regué e con todo tipo de son latino habido e por haber. Polo menos non son imitación, de verdad son latinos. Por un lado sería gracioso que un colectivo inmigrante fose representar España, cando nunca se permiteu as «minorías» (quere dicir, o que non sexa Madridcentrismo).
Agora tempos uns clasificados como «pop punk / powerpop», Lalaloveyou (é o nome do grupo, a canción é Sabesquetequiero). Si, powerpop, non cabe duda, é algo así como Fresones Rebeldes ou similar. O concepto de punk que circula por España paréceme preocupante... cuando menos.
E sigue La Prohibida con «One Way Interrail». Si, lin ben. «Electronica / techno / pop». Pola maquillaxe da foto faime lembrar Flashdance. Vaia, non saliu a canción candidata, senón a seguinte, Flash. ¡¡Esta voz parece de home!! Pois non parece travesti. Sexa como sexa, oír isto nunha discoteca sería unha bendición. Sorprendentemente ata pagaría por este disco. Pero agora que oín a tal «One Way Interrail», non lle chega nin ós calcañares. Qué lástima, tería votado pola tal Prohibida.
En fin, sigamos... Ozono3. Serios, si, pero demasiado. Pase que volvan os 80, pero non o pseudoheavy de pacotilla.
Mellor deixo de repasar a lista un a un... Vou comenzar a saltar polos nomes ó chou, é imposible oír todos. Pero por outro lado, para votar en consciencia teño que oílos todos... Mmmmm, vou ter que facerme un plan para escoitar unha cantidade diaria e tomar notas. A votación termina o 25... quere dicir que 5 días, con oír uns 16 por día aínda teño tempo.
Veña, imos aló. Cambio de sistema. Vou ir facendo unha lista pra non me esquecer dos que xa oín.
62 No brain detected -NO
69 La terremoto de Alcorcón -SÍ!!!
Pero ¿que vexo? ¡¡Los Petersellers no posto 85!! Tería máis gracia oílos tocar no escenario «Una Thurman me toca la banana» ou «Mazinger Z»... pero o jare jare crisna crisna con yodel, «estados unidos los jeques reunidos en el monopoly» jajaja, tampouco é tan mala opción. Toma ataque contra a música comercial. Isto si é espíritu punk. Defínense como «rock / tropical / minimalist». «No me habéis matado por que soy un semidiós», jajaja. Creo que xa me decidín.
85 Los Petersellers -SÍ
¡Viva o voto inútil!
Como entrenamento para as elecciós xerais non foi tan malo. O que me lembra que onte recibín a miña primeira carta do Zapatero desta campaña. Vou ver qué me promete e despois descansar un pouco pra prepararme pró eclipse. (Se é que se ve desde aquí...)

[Ordiá: 124 La década prodigiosa. ¡Quen ía pensar que inda existisen!]

jueves, 14 de febrero de 2008

de políticos e de esquiar (?)

¡¡¡¡¡AAAAAARRRRRRGGGGGGHHHHHH!!!!!
Can't believe it. Que noxo. Agora resulta que os diputados autoconcédense unha indemnización en caso de NON ser elixidos nas próximas elecciós xerais. Manda carallo. E non vai ser unha cantidade simbólica (ou se cadra no caso deles si o é): a media que van recibir de indemnización é de ¡¡28.000 euros!!
Está visto que os que non nos metemos na política somos idiotas integrais. Burros e apaleados. E nin sequera nos serve de consolo ter a conciencia tranquila, porque duvido moito que estes individuos sintan remorso algún por roubarnos e vivir a vida enteira sen saber o que é traballar.
A segunda noticia máis rara do día (e esta si non hai dúvida de que saiu hoxe no xornal) é que abriran unha estación de esquí en Fröttmaning. Isto quere dicir que os muniqueses agora só teñen que viaxar 15 minutos en metro para poder ir esquiar. Ayóugena.
En fin, como non son política, nin vivo en Múnich, nin sei esquiar... adeus, mellor volvo ó traballo. Qué remedio me queda.

jueves, 24 de enero de 2008

chapuzas


Curioso concurso da Voz de Galicia en que os lectores enviaron fotografías das mellores (ou, mellor dito, peores) chapuzas do ano.
Esta non é necesariamente a mellor, pero tiña que escollela por ser de preto da miña aldea. Conste que nunca vin ese sinal de tráfico. A foto é dun tal Andrés López Pérez. Tamén pra que conste.

viernes, 11 de enero de 2008

minicoche barato

un coche por 1700 euros, si señores leron ben, claro que é todo de plástico... non sei se resistirá un choque nin qué velocidade alcanza, pero polo menos servirá para desplazarse, espero

Un coche que vale lo mismo que un DVD

lunes, 17 de diciembre de 2007

ó final a televisión vai ter algo bo

Serie árabe triunfa en el prime-time de Israel

Dubido moito que isto vaia provocar unha revolución pacifista, pero se cadra ata axuda un pouco. Se quedan persoas capaces de ver o conflicto con humor sempre é un punto de partida, ¿non?

miércoles, 7 de noviembre de 2007

ole para la propaganda

hay que ver con los comunistas

--

esta debe ser a versión máis rara de Funkytown no mundo enteiro (polo menos que teña chegado ós meus oídos)

viernes, 5 de octubre de 2007

IgNobel

Entre los premiados de los conocidos como antiNobel están este año tres españoles de la Universidad de Barcelona que demostraron que las ratas no distinguen entre el japonés y el holandés, hablados al revés.
¿Arreinx? ¿Falados ó revés? ¿Que pasa, que si é falados ó direito entonces as ratas distinguen os idiomas? ¿Alguén gastou cartos en investigar se uns roedores consiguen distinguir entre dous idiomas, falados ó revés! ¡E a cousa non queda aí! Máis adiante puntualizan que só se verifica «a veces».
E este é só un exemplo. O premio da paz tamén ten o seu interese: unha bomba «que provocará que los soldados enemigos se sientan irresistiblemente atraídos sexualmente por los de enfrente».
No more comments.

sábado, 25 de agosto de 2007

noticia curiosa

Parece mentira, pero Noriega xa leva 17 anos en Miami.
Lémbrome da cantidade de comentarios que houbo ó comenzo, imaxinando o tipo de celda de superluxo en que estaría. (Casi seguro que viviu mellor durante estes anos do que moitos dos seus compatriotas que están supostamente en liberdade.)
En Panamá siguen falando do home, ó fin e o cabo inda ten acusaciós pendentes alá. Pero no resto do mundo fómonos esquecendo xiquera de que existía. Para variar.
Agora resulta que probablemente o van extraditar a Francia (¡?).
A volta ó mundo ós 72 anos, jajaja.

outra noticia curiosa

ETA en Portugal

miércoles, 22 de agosto de 2007

o mundo está tolo, tolo, tolo

leo un titular no xornal e quedo alucinada:

Londres baja el precio del autobús gracias a un acuerdo con Chávez

o surrealismo invádenos, ou como di o meu irmao "os sinais son claros, o fin do mundo está a chegar" jajaja

lunes, 13 de agosto de 2007

Ф

Sabía que phi andaba por moitos sitios, mais non sabía que fosen tantos.

E aquí hai un vídeo parecido feito moitos anos antes por Walt Disney.

viernes, 27 de julio de 2007

viernes, 20 de julio de 2007

sorprendente

e eu sen coñecer esta faceta do Celentano!



bueno, voume retirar a tentar arranxar unha vida

domingo, 11 de marzo de 2007

en obras

Aquí buscando a traducción de Baustellenordnung encontreime con esto, sobre outro tipo de obra: opuslibros.
Qué bo saber que inda despois dos lavados de cerebro a cordura humana pode vencer.

domingo, 4 de marzo de 2007

o metro de londres


Despois de que a Taschennibelungin enviase un test sobre coñecimentos culturais ingleses, entroume o pique e estiven investigando na rede sobre curiosidades british. Sobre todo de Londres. E encontrei moitas cousas moi interesantes sobre o metro e as estaciós abandonadas, algunhas xa antes dos anos 20. (Flipante. Qué pouca planificación, digo eu.)
Aquí están os enlaces:
Subterranea Britannica
London's Abandoned Tube Stations

jueves, 8 de febrero de 2007

¡Peaso furrada!

Unha mina de diamantes que ben parece unha entrada ó inframundo.
Seica esto é a cidade de Mirna, en Rusia. Que bestias somos os humanos... No further comments.

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego