jueves, 20 de marzo de 2008

¡festa, festa!

Chegou por fin o paquete que esperaba hai tres meses, xa eran horas de ver o segundo disco de In Rainbows. Debo ser a única fan do planeta que inda non o oíra.
Curiosamente o disco escolleu o mellor momento pra chegar, se chega antes non tería nin atendido o traballo nin escoitado o disco en condiciós. Ademais vou seguir as instrucciós e aproveitar algún material gráfico pró taboleiro que empecei a facer onte pra poder pegar os post-its na parede (grrr, merda de parede rugosa ¡¡vaste enterar!!).
Ó final é ben certo que non hai mal que por ben non veña :)

martes, 18 de marzo de 2008

remembering Limerick

Estamos inda en marzo e xa estou incumprindo os principios que me marquei ó comezar o ano. (Qué estraño, jaja.) A semana pasada rompín o meu propio récord de gasto na FNAC (prefiro non dicir a cifra pra non meter noxo a quen non consiga gañar eses cartos en todo un día de traballo. Si, tal foi a cifra.).
Pero estou seguindo un novo principio, similar ó que aplico ó tabaco. Non, non vou facer os meus propios discos, jajaja, senón que, en vez de tentar eliminar o vicio dunha vez, vamos racionalmente a reducilo pouco a pouco. Só vou comprar discos que hai anos que quería comprar (porque xa me estou empezando a esquecer da música, de non oíla nunca na radio, claro) e que por tanto sei que vou oír máis de 3 (ou 30) veces.
Por exemplo, hai once anos que debía ter comprado o disco K, mais eran tempos de estudante e había outras prioridades, jeje. Aquí tendes unha das miñas canciós favoritas do álbum. E co voso permiso vou fumar o primeiro pitillo do día :)


18h30
Seguín vendo vídeos e encontrei esta marabilla:

lunes, 17 de marzo de 2008

odio os taladros



Estaba aquí intentando pór en día as lecturas despois de tantos días de reclusión laboral (inda bo é que agora teño uns días de descanso, senón a este paso terminaba mal da cabeza), e encontrei esta actuación alucinante. ¿Cántas canciós hai aquí condensadas? Parece unha sinfonía. Teño que investigar a The Who.

[E precisamente agora que empezaba a disfrutar da vida volve o veciño do taladro. Pensei que xa terían terminado... xa non poden quedar baldosas por torturar nese piso, ¡¡¡que só ten un cuarto!!! En fin, teño que saír para conservar o que me queda de capacidade auditiva... A este paso vou ver todas as pelis que hai no cinema.]

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego