viernes, 30 de noviembre de 2007

como cada natal...

chega o anuncio de Freixenet, pero este ano con sorpresa.
Pregúntome cántas veces o van poñer enteiro na televisión...

-----
21h30
Strange connection
O sorprendente mundo do drifting levoume hoxe do anterior a isto:


Strange, non si?
Vamos reconstruir o camiño. (Bendito sexa o historial dos navegadores.)
1. Noticia do anuncio de Freixenet en El País a través do Reader. (Si, se non fose por estas modernidades nin xiquera lía un xornal.)
2. Minivisitilla ó pseudoblog scorseseyfreixenet (a publicidade ten formas asombrosas hoxe en día).
3. Chegada ó youtube, antro de perdición por antonomasia.

4. Seguimos empantanados no tubo.
You Talkin To Me?
5. Idem, eadem, idem.

6. Still there...
Kermit and Elmo LOUD and QUIET
7. Just one last one
Elmo the Emo (why?)
8. E chegamos ó acordeón.
¡¡¡Flipante o que fai ter tempo libre!!! ¿E todas esas cousas que realmente quero facer e que nunca fago por falta de tempo? Precisamente: Aburiño, queridos lectores ficticios. Vou facer algo polo menos semiproductivo.

dúbidas

Non quero seguir fuxindo, xa estou farta de andar dun lado para outro. Mais Portugal estáseme poñendo cada vez máis hostil

jueves, 22 de noviembre de 2007

sábado, 17 de noviembre de 2007

miércoles, 14 de noviembre de 2007

fluctuando

Xa me pasou o mal humor do fin de semana: o estrés sempre ten ese efecto en min, pero por sorte nada perdura.
Sigo completamente confusa e perdida no campo sentimental, pero é máis forte a euforia da futura liberdade laboral, de por fin recuperar o meu tempo e poder dedicarme a tantas cousas interesantes que teño inda por explorar.
Mañá será outro día, xa pensarei nunha solución (inda non me conformo con que as cousas morran sen ter nacido).
Mentres tanto sigo cultivando os pequenos praceres.

sábado, 10 de noviembre de 2007

viernes, 9 de noviembre de 2007

saturación

and for something completely different...
choose you version:
2. newer


1. older (ie younger, hehe)

miércoles, 7 de noviembre de 2007

ole para la propaganda

hay que ver con los comunistas

--

esta debe ser a versión máis rara de Funkytown no mundo enteiro (polo menos que teña chegado ós meus oídos)

viernes, 2 de noviembre de 2007

bloqueo

Non comprendo o que me pasa. Nunca tivera un bloqueo de tradutor. Suponse que é habitual entre os escritores, pero non sabía que fose tan similar noutras profesiós.
É traumático saber que teño un traballo por facer e que tería tempo suficiente de facelo se estivese a traballar neste momento. Pero non me concentro... E xa levo así dous días enteiros.
Sinto que deixo pasar o tempo sen facer nada produtivo. Polo menos podía deixar completamente de lado o proxecto por hoxe e saír beber unhas copas. Pero son tan parva que sei que me sentiría culpable. Por tanto quedo aquí presa diante do ordenata mais sen facer nada.
Isto é desesperante
...
Vou ver unha película... veremos se despois hai sorte
(Teño que liberarme dunha ver por todas destes absurdos sentimentos de culpabilidade que non resolven nada.)

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego