Alasgüenas! Lembreime de que noutros tempos tivera un blog e, contra todo prognóstico, encontreino. Dubido que vaia escribir moito, pero como resulta que case non chega traballo estou retomando antigos proxectos prós que nunca tiña tempo... eis o blog.
Revisando as listas de libros, infórmovos de que nunca terminei Sons and Lovers; terá que continuar máis tempo na TBR permanente. E da lista de próximas lecturas, este é o avance:
- Lost in a Good Book
Middlemarch- The Catcher In The Rye
Tristram Shandy- Der Steppenwolf
Reminiscencias de Bob Dylan- Faust
- El miedo a la democracia
- Seven Pillars of Wisdom
Non moi positivo, en xeral, prá ter pasado máis de 15 anos, pero polo menos gustáronme moito os que lin. É todo o que podo dicir na miña defensa.
E isto foi todo por hoxe. Vou ver se encontro como editar as listas... que isto cambiou moito e non atopo nada. Tschüss!

