sábado, 30 de junio de 2007

usted lo ha pedido

Por fin un día para non facer nada. O que se convirte en horas de revisar correo acumulado. É o que ten ter amigos forwardeadores compulsivos. E, claro, unha ociosa como eu ó entrar en youtube está perdida.
Pero encontra cousas interesantes como estas:


No comments.



¡Que recordos! (para nós nas américas chamábase "la rana René", sempre me pareceu un nome moi ben escollido.)



Xa me gustaba moito esta canción... e nunca tiña visto o vídeo (!)
¿Alguén sabe ler os labios? Bitte, bitte, bitte!!

viernes, 29 de junio de 2007

¡Jajajajaja!
Parece que ó final se cumple o que me temía: que ninguén coñece a ninguén (...completamente). Se me coñecésedes saberíades perfectamente que a min as rachas de mal humor rápido me pasan. Inda que ata que pase o matador luns non estou salva de todo...

Para Taschennibelungin: a ver si te aplicas el cuento e informas de tu vida. Te agradezco haberme enterado de que se murió Maria Gripe, pero lo que quiero saber es como vives tú :)

Para o «essencioso»: tens que sair!
non me gusta nada ver os "frutos" da miña diarrea mental tornárense tan corpóreos. vou voltar ó modo de revisar todo o que escribo e non permitir que todo saia así, automáticamente. pode resultarlle a algunhas persoas, mais a min non me axuda. síntome peor.

insomnio ou abulia

sinto que me invade o drifting, coma sempre. ¿por que nunca consigo reaccionar a tempo? ¿e por que reaccionar? sería mellor actuar dunha puta vez. mais para iso hai q saber o que un quere e... ó final ¿que quero eu?
sei que non quero seguir como estou. a independencia é moi boa, pero a incomunicación mátame pouco a pouco. ¿por que me resulta tan difícil comunicarme con outras persoas?
nin sequera sei cómo me podo dedicar a unha profesión centrada na linguaxe humana. non estou mínimamente cualificada.
mais...

debía ter mantido o luns como vacaciós en lugar de trocalas consonte as necesidades da empresa. como sempre, antepoño as necesidades dos demais ás miñas.
vai ser o peor día desta depresión crónica que se repite todos os anos. o único que me apetecería sería pasar o día paseando polas rúas do centro, ou pola praia, illada do mundo.

acabouse. non escribo máis. xa hai lixo dabondo escrito neste mundo. (e a maioría dese lixo ten incluso máis coherencia/cohesión/whatever ca isto.)

jueves, 28 de junio de 2007

a música e os seus efectos

hoxe non era día de oir ós Smith... mais sempre cometo os mesmos erros
over and over and over... e agora non me sae da cabeza "the soil falling over my head"

miércoles, 27 de junio de 2007

muiñeira-ska



Cosas veredes, Sancho
Globalización a lo bestia

martes, 26 de junio de 2007

procrastination e introspección

Levo un tempo demasiado prolongado nunha fase introspectiva que eu cría que podía ter moitos aspectos negativos, pero que polo menos me permitiría chegar a algunha conclusión sobre a miña propia forma de ser. Tiña a esperanza de poder aprender dunha vez por todas a dirixir a miña vida do xeito que quero e ó mesmo tempo conseguir funcionar máis ou menos dentro da sociedade.
En todo este tempo (anos, si) creo que só cheguei a comprender que non estou feita para este mundo, pero tampouco teño por qué estalo. O mundo ten que se adaptar a min.
[aquí entra o factor "procrastination" do título...]
---
Esto escribírao onte, e non pensaba publicalo. Mas seguindo un consello dun amigo, non o vou ler nin sequera unha vez máis. Vai saír liberado ó mundo tal como está. Aburiño.

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego