domingo, 25 de marzo de 2007

Federico, perdóname

Onte toquei en público por primeira vez en ¿12 anos tal vez? Xa nin me lembro de cando tocara por última vez nun escenario, pero foi no cine Rivas, e xa hai moitos anos que o derrubaron. Cómo pasa o tempo.
En fin, que por fin voltei tocar, e laméntoo moito por Chopin, porque non merecía un trato así.
O curioso do caso é que houbo partes que teño a sensación de que toquei ben, pero non me lembro de pasar por elas.
Creo que conseguí chegar ó final da peza sen que se notase moito que me saltei como mínimo dous compases que non saían nin a tiros. Non sei o tempo que me levou decidir saltar eses compases ó verme entalada... pero pareceume unha eternidade.
E non toquei ben nin un só trino, trilo, ou como se diga en galego.
¡¡¡Que horror!!! Je suis desolé, Fryderyk.

domingo, 11 de marzo de 2007

en obras

Aquí buscando a traducción de Baustellenordnung encontreime con esto, sobre outro tipo de obra: opuslibros.
Qué bo saber que inda despois dos lavados de cerebro a cordura humana pode vencer.

domingo, 4 de marzo de 2007

o metro de londres


Despois de que a Taschennibelungin enviase un test sobre coñecimentos culturais ingleses, entroume o pique e estiven investigando na rede sobre curiosidades british. Sobre todo de Londres. E encontrei moitas cousas moi interesantes sobre o metro e as estaciós abandonadas, algunhas xa antes dos anos 20. (Flipante. Qué pouca planificación, digo eu.)
Aquí están os enlaces:
Subterranea Britannica
London's Abandoned Tube Stations

o de sempre

Aquí, pra variar, rumiando sobre o futuro. ¿Qué quero facer realmente? O ideal era ser freelance e vivir nun sitio como Candem Town, Notting Hill, Schwabing, Galway, Compostela... anywhere but here, pra resumir. Mas aquí hai unha persoa que pode ser interesante manter na miña vida. ¡Qué dilema! ¿Vida profesional ou personal? Ten que haber unha «terceira vía»...
Teño que reunir forzas, establecerme como independiente e despois xa veremos onde quero pagar alugueiro, jaja.

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego