domingo, 25 de marzo de 2007

Federico, perdóname

Onte toquei en público por primeira vez en ¿12 anos tal vez? Xa nin me lembro de cando tocara por última vez nun escenario, pero foi no cine Rivas, e xa hai moitos anos que o derrubaron. Cómo pasa o tempo.
En fin, que por fin voltei tocar, e laméntoo moito por Chopin, porque non merecía un trato así.
O curioso do caso é que houbo partes que teño a sensación de que toquei ben, pero non me lembro de pasar por elas.
Creo que conseguí chegar ó final da peza sen que se notase moito que me saltei como mínimo dous compases que non saían nin a tiros. Non sei o tempo que me levou decidir saltar eses compases ó verme entalada... pero pareceume unha eternidade.
E non toquei ben nin un só trino, trilo, ou como se diga en galego.
¡¡¡Que horror!!! Je suis desolé, Fryderyk.

No hay comentarios:

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego