sábado, 21 de abril de 2007

existencialismo, once again

Estoume empezando a fartar de ter que ser sempre agradable con todos. Creo que me pasa o que ó tal Brian (o de What about Brian?): sempre quero axudar a todos e non penso o suficiente en min mesma. Se cadra non é exactamente así a cousa, pero creo que me esforzo demasiado en non ser egoísta e ó final vexo como todos evolucionan e avanzan nas súas vidas, mentres que eu estou como estancada, sen facer o que sexa que realmente quero facer coa miña vida.
¿Será que me estou volvendo tola de tanto pensar?
O eterno dilema: ¿sou como os outros ou sou un bicho raro? Somos todos persoas intrínsecamente diferentes, pero comparables ou hai persoas máis "profundas" que as outras?
Posiblemente o meu raciocinio vaia por camiños moi particulares (pero tamén pode que simplemente me faga as mesmas preguntas que nos facemos e nos respondemos todos). Para min todo se resume a un só dilema: ¿por que non podemos ter nunca a certeza do que pensan os demais? Concordo en que con esta variedade o mundo é máis interesante, pero non é menos verdade que a vida é complicada ó non termos nunca a certeza de que vemos e comprendemos a realidade tal como é. Quero dicir, ¿ata que punto sabemos que sabemos? ¿Ata que punto somos capaces de ver en cada situación máis alá das nosas narices? ¿Somos capaces de imaxinar realmente todos os puntos de vista de todas as situaciós polas que pasamos durante a nosa vida?
¿Ata que punto somos conscientes das consecuencias que teñen os nosos actos na vida dos demais? Estou casi segura (¿será posible?) de que a todos nos ten acontecido nalgún momento das nosas vidas o caso típico de que algo que fixemos e ó que non dimos ningún tipo de importancia deixou marcada permanentemente a outra persoa. Non sei se todos terán pasado ou van pasar por iso nalgún momento, mais polo menos no meu caso verifícase: teño a certeza de que algún grande acontecemento da miña vida ocasionado por outra persoa non tivo ningún tipo de influencia na vida da persoa "culpable".
Uffff, estou outra vez caíndo no abismo existencialista. Se cadra esto do blog non foi boa idea. Mellor vou ver a televisión.

No hay comentarios:

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego