viernes, 22 de febrero de 2008

un día calquera

Agora tamén xa dedican un día a calquera cousa...
Non ten gracia, xa o sei, pero pouco respeito merece o pensamento humano despois de ver que a noticia máis lida dun xornal en liña ten por título: El Frigo Pie, elegido el mejor helado de la historia.
¡Feliz día mundial do pensamento!

miércoles, 20 de febrero de 2008

Historia dunha votación

Pra unha vez que nos permiten elixir abertamente o representante a Eurovisión (ou polo menos facer a preselección) e non sei a quen votar. Vamos ver o que hai por aí:
De primeiro neste momento está este elemento, Chikilicuatre, e a tentación de darlle o voto é demasiado grande. Por fin temos en España tamén o noso Dustin. ¡¡Semos europeos!!
De segundo vai algo máis digno dun voto serio, La Casa Azul, pero inda que musicalmente non están mal, esa voz faime lembrar demasiado ós Hombres G. ¡Puaj!
De terceiro xa comenza a aparecer a tralla «a la Operación Triunfo». Por encima a tal Mayte canta un trozo en inglés... send eggs. A tal Coral e a Anael son outras que tal bailan. Hai que recoñecer que teñen voz e todo iso, pero no way.
¡Ai diorrr mío! Que a este paso ó final voy acabar votando polo Chikilicuatre ese...
Teño medo coa seguinte, Mirela, ¡¡naceu en 1990!! O fin do mundo está a chegar, xa non son dos 80, pasou outra década. Pois comparada coas últimas parece polo menos que ten máis forza. «I feel stronger», tampouco sei porque non me pasou tal posibilidade pola cabeza. Uff, agora xa é moito berro de dios.
Aaarrrrgggghhh, o que faltaba: «Un olé». Qué título. Polo nome debería ser vasco (Arkaitz). É antinatural, un vasco aflamencao imitador de Ricky Martin.
Toda a miña fe queda depositada en Los Wachos estes, que porriba son de Ourense. Debería apoiar un pouco o talento local. Vamos oír... [INTERMISSION] Jajajaja, ¡¡¡a letra é o mellor!!! Esquecede o Chikilicomofose, se non encontro nada serio voto por «Wacho Wacho», sería impagable ver alguén cantando isto en eurovisión.
Moito mellor do que «La danza del amor»... teño que empezar saltar as que teñan títulos tan pouco prometedores. Vou vomitar.
Bizarre, estes polo menos parecen músicos en serio. Pero comenzan casi como a mesma meeggde. Despois xa parece algo máis arrockado, pero non, vai ser que non. Flipo, citan como influencias Keane, Depeche Mode (¡¡sacrilexio!!), U2, Colplay [sic.], Nirvana, Him, The Rasmus, Rem, Police, Green Day, Inme, Three Days Grace, Incubus, Panic! at the disco, Jimmy eat world. Só vexo un pouco de The Rasmus, pero esa voz é horrible. (Bueno, horrible, horrible, non. É cuestión de gustos.)
Ufff, non sei por qué sinto a obriga de emitir un voto para sentirme con dereito a criticar o resultado. Se non escollo algo despois non podo dicir que sempre mandan o mesmo lixo a Eurovisión... pero a cousa está difícil.
E empeoramos, os seguintes son directamente unha mestura de merengue con regué e con todo tipo de son latino habido e por haber. Polo menos non son imitación, de verdad son latinos. Por un lado sería gracioso que un colectivo inmigrante fose representar España, cando nunca se permiteu as «minorías» (quere dicir, o que non sexa Madridcentrismo).
Agora tempos uns clasificados como «pop punk / powerpop», Lalaloveyou (é o nome do grupo, a canción é Sabesquetequiero). Si, powerpop, non cabe duda, é algo así como Fresones Rebeldes ou similar. O concepto de punk que circula por España paréceme preocupante... cuando menos.
E sigue La Prohibida con «One Way Interrail». Si, lin ben. «Electronica / techno / pop». Pola maquillaxe da foto faime lembrar Flashdance. Vaia, non saliu a canción candidata, senón a seguinte, Flash. ¡¡Esta voz parece de home!! Pois non parece travesti. Sexa como sexa, oír isto nunha discoteca sería unha bendición. Sorprendentemente ata pagaría por este disco. Pero agora que oín a tal «One Way Interrail», non lle chega nin ós calcañares. Qué lástima, tería votado pola tal Prohibida.
En fin, sigamos... Ozono3. Serios, si, pero demasiado. Pase que volvan os 80, pero non o pseudoheavy de pacotilla.
Mellor deixo de repasar a lista un a un... Vou comenzar a saltar polos nomes ó chou, é imposible oír todos. Pero por outro lado, para votar en consciencia teño que oílos todos... Mmmmm, vou ter que facerme un plan para escoitar unha cantidade diaria e tomar notas. A votación termina o 25... quere dicir que 5 días, con oír uns 16 por día aínda teño tempo.
Veña, imos aló. Cambio de sistema. Vou ir facendo unha lista pra non me esquecer dos que xa oín.
62 No brain detected -NO
69 La terremoto de Alcorcón -SÍ!!!
Pero ¿que vexo? ¡¡Los Petersellers no posto 85!! Tería máis gracia oílos tocar no escenario «Una Thurman me toca la banana» ou «Mazinger Z»... pero o jare jare crisna crisna con yodel, «estados unidos los jeques reunidos en el monopoly» jajaja, tampouco é tan mala opción. Toma ataque contra a música comercial. Isto si é espíritu punk. Defínense como «rock / tropical / minimalist». «No me habéis matado por que soy un semidiós», jajaja. Creo que xa me decidín.
85 Los Petersellers -SÍ
¡Viva o voto inútil!
Como entrenamento para as elecciós xerais non foi tan malo. O que me lembra que onte recibín a miña primeira carta do Zapatero desta campaña. Vou ver qué me promete e despois descansar un pouco pra prepararme pró eclipse. (Se é que se ve desde aquí...)

[Ordiá: 124 La década prodigiosa. ¡Quen ía pensar que inda existisen!]

sábado, 16 de febrero de 2008

arte, lingua e loitas co(ntra )a tecnoloxía

Descubrimentos do día:
1.º Encontraron os frescos románicos máis antigos de Galiza.
Haberá que esperar a que os restauren en condiciós pra ir a Foz a velos. (Pero se hai que esperar a que a Xunta invista... xa podo ir nunha viaxe do Inserso.)
2.º Isto xa non debía ser un descubrimento, pero son unha pobre ilusa: Cando o ordenador di que unha «operación» vai durar uns segundos, sempre é mellor ir preparando un cafeciño.
O meu antivirus primeiro obrígame a pagar 52 euros pra despois darme o susto de dicirme que para poder actualizar a suscripción teño que o desinstalar e volver instalar, pró que preciso do CD de instalación que non teño porque, sorpresa, nunca o tiven, porque o programa viña preinstalado de fábrica. ¡¡¡Grrr!!! Pero non hai problema, tamén hai a posibilidade de descargar o programa de internet e reinstalalo. Total (tempos aproximados): 5 minutos na compra, 15 minutos tentando actualizar a licencia, 45 minutos de descarga do programa, 20 de instalación (o que inclúe unha reiniciación do ordenador, un escaneo completo e dúas conexiós a internet, vaitisaberporqué). Pero por fin teño antivirus por un ano máis. Que será o tempo que necesitarei para familiarizarme co diseño, completamente novo. Grrrr. E outra cousa: ¿por qué si antes estaba tan ben protexido o meu ordenador agora teño unha barra máis, co antiphishing (whatever that means), na parte derriba do Mozilla? ademáis ver todo o tempo ese cadrado verde estame sacando de quicio.
(En fin, que teño un novo espía oficial moi sofisticado, nunha versión máis actual que supostamente está en español segundo os datos da miña inscripción pero que só está en inglés, coa consecuencia de que é mellor que non preste nunca o ordenador a ninguén da miña familia, non sexa que digan «yes» ó que non deben.)
3.º En Angola falan galego.
Non hai dúvida. Estiven vendo un documental sobre a participación de Cuba na independencia de Angola (mentres se descargaba o puto do antivirus, obviously) e non falaban nada parecido ós portugueses... ¡entendíalles absolutamente todo! Vocalizan perfectamente, e incluso as consonantes (por exemplo as eses) soaban moito máis familiares.
Vamos, que se teño que emigrar a Angola se cadra ata me comprenden un pouquiño.
--
Update:
Xa van 700 detidos nos disturbios de Panamá. O que me parece máis gracioso de todo isto é que eu me teña que enterar polos xornais... miña nai nunca me fala das cousas importantes.

jueves, 14 de febrero de 2008

de políticos e de esquiar (?)

¡¡¡¡¡AAAAAARRRRRRGGGGGGHHHHHH!!!!!
Can't believe it. Que noxo. Agora resulta que os diputados autoconcédense unha indemnización en caso de NON ser elixidos nas próximas elecciós xerais. Manda carallo. E non vai ser unha cantidade simbólica (ou se cadra no caso deles si o é): a media que van recibir de indemnización é de ¡¡28.000 euros!!
Está visto que os que non nos metemos na política somos idiotas integrais. Burros e apaleados. E nin sequera nos serve de consolo ter a conciencia tranquila, porque duvido moito que estes individuos sintan remorso algún por roubarnos e vivir a vida enteira sen saber o que é traballar.
A segunda noticia máis rara do día (e esta si non hai dúvida de que saiu hoxe no xornal) é que abriran unha estación de esquí en Fröttmaning. Isto quere dicir que os muniqueses agora só teñen que viaxar 15 minutos en metro para poder ir esquiar. Ayóugena.
En fin, como non son política, nin vivo en Múnich, nin sei esquiar... adeus, mellor volvo ó traballo. Qué remedio me queda.

domingo, 10 de febrero de 2008

non volvo beber xamais



...inda que penso que a culpa do malestar de hoxe é do tabaco. A cabeza non me doe nadiña. Pero non podo levantarme... non quero volver entrar na sala. Non teño forzas para recoller. Só sinto sede, moita sede... e unha lixeira fotofobia.
Recetas Mileuristas
Estes recomendan unha sopa prá resaca. Se cadra outro día fágolles caso, pero hoxe voume dedicar mellor ó zume de laranxa.

sábado, 9 de febrero de 2008

memphis blues again

Estou desquiciada, non sei por qué me pasou pola cabeza invitar xente á miña casa. ¡Se sempre está inhabitable! ¿Haberá pinchos e bebida suficiente? ¿ou sobrará todo? Isto de nin xiquera saber cantos veñen é «do piorío». Grrrr, non se poden facer planes nunca, pero se se fan debe ser con tempo. (Por qué sempre digo estas frases tan bonitas se ¡¡non me escoito nin a min mesma!!)
En fin, publico a nota seguinte, pero ainda falta a foto, terá que esperar a que consiga comunicar ordenador e teléfono (a tecnoloxía ganou esta batalla, a guerra xa veremos como queda).

5-2-08
Seis días no Carballiño e outra vez na dúvida. Os primeiros cinco foron tranquilos e parecían afianzarme na idea de que fago moi ben en seguir en Gaia. Pero así de vengativos son os lugares que abandonamos: Cando máis decidido estás a piráreste tens que redescubrir algo que parecías ter esquecido pra sempre. Pode ser un banco dun rincón dun parque, pode ser unha súbita proliferación de especímenes interesantes ou volver ver unha persoa coa que compartes unha especie de corrente de incomunicación común... as opciós son múltiples, a vinganza é sempre dolorosa.
Non me apetecía participar no entroido. Nunca fun moito de disfrazarme e, ante todo, necesitaba descanso, así que non saín practicamente da casa. Foron uns días de relax total, sen discutir por nada cos vellos; en resumo, idílicos. Ata que chegou o luns e fun a un concerto n'A Bodega (si, as vilas pequenas é o que teñen, de vez en cando hai sorpresas destas). E lembrei que a pesar das apariencias hai certas cousas interesantes na miña vila. Hai certo movimento.
Aquí vos deixo a cutrefoto que conseguín facer co móvil. O grupo chámase Mississippi Blues Explosion. Lamento non vos poder ofrecer máis información; por máis que busquei non encontrei ningunha web dedicada a eles (polo visto nin xiquera teñen Myspace. Como non sei se este anonimato é parte dunha estratexia de marketing prefiro non citar nomes ;D.)

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego