Mostrando las entradas con la etiqueta queixumes varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta queixumes varios. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de mayo de 2008

insomnio, literatura e outras historias

Pra evitar o insomnio prohibírame ler de noite. E hai anos que cumplía este mandamento. Pero onte piquei. E por segunda vez na vida terminei un libro no mesmo día en que o comencei. Non sei por que fago tal cousa, non me gusta ler tan rápido, prefiro deixar os libros e retomalos máis tarde antes de terminalos. É a única forma de ler conscientemente. Agora teño que lelo de novo, grrrr. Por sorte é pequeno e divertido.
Inda que sexa o día das letras galegas e este estea en inglés, aí vos vai a recomendación: A Man Without a Country, Kurt Vonnegut. Lectura perfecta pró bus ou metro nun día de compras :)
Falando de compras: onte descubrín que non ligo pouco, o que pasa é que non tiña reparado en que o mellor lugar pra ligar é o Corte Inglés. Yes, sirrrreee! Especialmente se entras directamente a unha desas boutiques caras que teñen e compras algo (pode ser unha simple camiseta, como no meu caso). Despois só tes que perderte buceando na sección de libros e discos paseando a bolsa. E en menos de dous minutos tes a un amable e guapísimo rapaz pedíndote os datos pra facerte a tarxeta de cliente. Jejeje.

16h28
Acabo de ver que a lista de libros do fondo estaba un pouco desfasada... A ver se consigo poñer un pouco en orde a lectura (keep on dreaming...)

lunes, 17 de marzo de 2008

odio os taladros



Estaba aquí intentando pór en día as lecturas despois de tantos días de reclusión laboral (inda bo é que agora teño uns días de descanso, senón a este paso terminaba mal da cabeza), e encontrei esta actuación alucinante. ¿Cántas canciós hai aquí condensadas? Parece unha sinfonía. Teño que investigar a The Who.

[E precisamente agora que empezaba a disfrutar da vida volve o veciño do taladro. Pensei que xa terían terminado... xa non poden quedar baldosas por torturar nese piso, ¡¡¡que só ten un cuarto!!! En fin, teño que saír para conservar o que me queda de capacidade auditiva... A este paso vou ver todas as pelis que hai no cinema.]

sábado, 16 de febrero de 2008

arte, lingua e loitas co(ntra )a tecnoloxía

Descubrimentos do día:
1.º Encontraron os frescos románicos máis antigos de Galiza.
Haberá que esperar a que os restauren en condiciós pra ir a Foz a velos. (Pero se hai que esperar a que a Xunta invista... xa podo ir nunha viaxe do Inserso.)
2.º Isto xa non debía ser un descubrimento, pero son unha pobre ilusa: Cando o ordenador di que unha «operación» vai durar uns segundos, sempre é mellor ir preparando un cafeciño.
O meu antivirus primeiro obrígame a pagar 52 euros pra despois darme o susto de dicirme que para poder actualizar a suscripción teño que o desinstalar e volver instalar, pró que preciso do CD de instalación que non teño porque, sorpresa, nunca o tiven, porque o programa viña preinstalado de fábrica. ¡¡¡Grrr!!! Pero non hai problema, tamén hai a posibilidade de descargar o programa de internet e reinstalalo. Total (tempos aproximados): 5 minutos na compra, 15 minutos tentando actualizar a licencia, 45 minutos de descarga do programa, 20 de instalación (o que inclúe unha reiniciación do ordenador, un escaneo completo e dúas conexiós a internet, vaitisaberporqué). Pero por fin teño antivirus por un ano máis. Que será o tempo que necesitarei para familiarizarme co diseño, completamente novo. Grrrr. E outra cousa: ¿por qué si antes estaba tan ben protexido o meu ordenador agora teño unha barra máis, co antiphishing (whatever that means), na parte derriba do Mozilla? ademáis ver todo o tempo ese cadrado verde estame sacando de quicio.
(En fin, que teño un novo espía oficial moi sofisticado, nunha versión máis actual que supostamente está en español segundo os datos da miña inscripción pero que só está en inglés, coa consecuencia de que é mellor que non preste nunca o ordenador a ninguén da miña familia, non sexa que digan «yes» ó que non deben.)
3.º En Angola falan galego.
Non hai dúvida. Estiven vendo un documental sobre a participación de Cuba na independencia de Angola (mentres se descargaba o puto do antivirus, obviously) e non falaban nada parecido ós portugueses... ¡entendíalles absolutamente todo! Vocalizan perfectamente, e incluso as consonantes (por exemplo as eses) soaban moito máis familiares.
Vamos, que se teño que emigrar a Angola se cadra ata me comprenden un pouquiño.
--
Update:
Xa van 700 detidos nos disturbios de Panamá. O que me parece máis gracioso de todo isto é que eu me teña que enterar polos xornais... miña nai nunca me fala das cousas importantes.

domingo, 10 de febrero de 2008

non volvo beber xamais



...inda que penso que a culpa do malestar de hoxe é do tabaco. A cabeza non me doe nadiña. Pero non podo levantarme... non quero volver entrar na sala. Non teño forzas para recoller. Só sinto sede, moita sede... e unha lixeira fotofobia.
Recetas Mileuristas
Estes recomendan unha sopa prá resaca. Se cadra outro día fágolles caso, pero hoxe voume dedicar mellor ó zume de laranxa.

sábado, 9 de febrero de 2008

memphis blues again

Estou desquiciada, non sei por qué me pasou pola cabeza invitar xente á miña casa. ¡Se sempre está inhabitable! ¿Haberá pinchos e bebida suficiente? ¿ou sobrará todo? Isto de nin xiquera saber cantos veñen é «do piorío». Grrrr, non se poden facer planes nunca, pero se se fan debe ser con tempo. (Por qué sempre digo estas frases tan bonitas se ¡¡non me escoito nin a min mesma!!)
En fin, publico a nota seguinte, pero ainda falta a foto, terá que esperar a que consiga comunicar ordenador e teléfono (a tecnoloxía ganou esta batalla, a guerra xa veremos como queda).

5-2-08
Seis días no Carballiño e outra vez na dúvida. Os primeiros cinco foron tranquilos e parecían afianzarme na idea de que fago moi ben en seguir en Gaia. Pero así de vengativos son os lugares que abandonamos: Cando máis decidido estás a piráreste tens que redescubrir algo que parecías ter esquecido pra sempre. Pode ser un banco dun rincón dun parque, pode ser unha súbita proliferación de especímenes interesantes ou volver ver unha persoa coa que compartes unha especie de corrente de incomunicación común... as opciós son múltiples, a vinganza é sempre dolorosa.
Non me apetecía participar no entroido. Nunca fun moito de disfrazarme e, ante todo, necesitaba descanso, así que non saín practicamente da casa. Foron uns días de relax total, sen discutir por nada cos vellos; en resumo, idílicos. Ata que chegou o luns e fun a un concerto n'A Bodega (si, as vilas pequenas é o que teñen, de vez en cando hai sorpresas destas). E lembrei que a pesar das apariencias hai certas cousas interesantes na miña vila. Hai certo movimento.
Aquí vos deixo a cutrefoto que conseguín facer co móvil. O grupo chámase Mississippi Blues Explosion. Lamento non vos poder ofrecer máis información; por máis que busquei non encontrei ningunha web dedicada a eles (polo visto nin xiquera teñen Myspace. Como non sei se este anonimato é parte dunha estratexia de marketing prefiro non citar nomes ;D.)

jueves, 24 de enero de 2008

¿¿por que!!

¿Por que por moitos años que teñamos os nosos pais nos siguen tratando coma nenos?
Hoxe, de maneira excepcional, fun ó cinema con unha amiga e ó saírmos tiña 13 chamadas perdidas de miña nai no teléfono. (Sempre o poño en silencio, en lugar de apagalo, para que non lle saian grabaciós extrañas en idiomas que non comprende. Que porriba de non poder falar comigo ten que pagar pola chamada. Palabras textuais. ¿Para que quererá os cartos? Se cadra sin sabelo vou ter unha herdanza interesante co que forra miña nai en teléfono por me ter discretamente feito sentir a obrigación de non activar nunca o buzón de voz.)
Inmediatamente enviei unha mensaxe ó meu irmao, que a estas horas se cadra inda non durmía. E vai e inmediatamente chámame miña nai botándome en cara que estaba moi preocupada. Para variar.
Hai anos que lle expliquei que non atender o móvil non significa que estexa morta. Pode ser que estexa no metro, no cinema, nunha festa... ¿Que idade teño que ter para que lle entre na cabeza que cabe a remota posibilidade de eu ter vida propia?
(Btw, Atonement non é tan boa como prometía. Se cadra o libro é mellor, vai ti saber. E o disco de Tone, o primeiro que se pode baixar daquela web danesa sobre a que escribín hai uns días, parece interesante. Teño que oílo máis veces con calma.)

viernes, 30 de noviembre de 2007

dúbidas

Non quero seguir fuxindo, xa estou farta de andar dun lado para outro. Mais Portugal estáseme poñendo cada vez máis hostil

viernes, 2 de noviembre de 2007

bloqueo

Non comprendo o que me pasa. Nunca tivera un bloqueo de tradutor. Suponse que é habitual entre os escritores, pero non sabía que fose tan similar noutras profesiós.
É traumático saber que teño un traballo por facer e que tería tempo suficiente de facelo se estivese a traballar neste momento. Pero non me concentro... E xa levo así dous días enteiros.
Sinto que deixo pasar o tempo sen facer nada produtivo. Polo menos podía deixar completamente de lado o proxecto por hoxe e saír beber unhas copas. Pero son tan parva que sei que me sentiría culpable. Por tanto quedo aquí presa diante do ordenata mais sen facer nada.
Isto é desesperante
...
Vou ver unha película... veremos se despois hai sorte
(Teño que liberarme dunha ver por todas destes absurdos sentimentos de culpabilidade que non resolven nada.)

miércoles, 12 de septiembre de 2007

desarraigo

envidio a todos os que sinten a pertenza a un lugar.
ós que nunca sentiron que non pertencen a ningún sitio.
ós que non dubidaron nunca onde está o seu fogar.
se soubesen o afortunados que son...

mas os errabundos temos unha vantaxe: nós xa sabemos que inda que volvamos a casa imos seguir sentindo a saudade. porque non se ten saudade dos lugares, senón das persoas.

sábado, 18 de agosto de 2007

implosión

Non sei porque non podo crecer como o resto das persoas. En vez de equilibrarme, cada vez me deixo dominar máis polos impulsos.
1.º exemplo: No persoal. Son unha impaciente. Cando alguén non responde como espero a unha situación empezo a darlle voltas e saco conclusións que posiblemente sexan completamente erróneas. Ou non. Mais non podo saber ó certo e non debería permitir que o non poder saber o que os demais pensan me tire o sono. Non é saudable. Á fin de contas tampouco os demáis poden saber o que penso e siguen vivindo perfectamente sen que eu lles importe.
2.º exemplo: No traballo. Este fin de semana debía ter ido a traballar. Debería estar neste momento facendo un proxecto que o cliente espera recibir o luns (segundo os meus cálculos faltan neste momento máis de vinte horas de traballo). Pero xa cheguei ó meu límite. Xa me estragaron o fin de semana anterior con unha situación parecida; este vou pasalo enterrada na miña casa a ver o tempo pasar. Non quero ver a ninguén, moito menos traballar.
É inadmisible ir dous días de vacacións para encontrar que che teñen acumulado para facer no que queda de semana o traballo de cinco días.
Sei que teño toda a razón*. Pero o luns vai acontecer un desastre.
Se cadra era isto o que se estaba cocendo na miña cabeza ata chegar ó límite. Non sei, síntome totalmente desorientada.

(*polo menos nesto do traballo, no resto de desastre que teño por non-vida...
iso xa é outra historia)

domingo, 22 de julio de 2007

outro fin de semana reflexivo

despois de por fin ver Dogville (non sei qué terá que ver) decidín que xa era hora de mudar ese perfil tan evasivo que tiña e informar ó mundo da miña persoa.
a miña natureza indecisa impídeme escoller só unha película ou un libro, por tanto seleccionei aqueles que me marcaron nalgún momento da miña vida.
aí están algunhas das películas (e directores, para abreviar, senón as primeiras serían casi todas as de Hitchcock) que vexo cada vez que podo.
no referente á música e ós libros están por orde de descubrimento.
e as películas non están todas. por exemplo podería ter incluido Como agua para chocolate, Dead Man, El día de la bestia, Lola rent, Metropolis, Nosferatu, Out of Africa, Tesis, Un lugar en el mundo ou What's Up Doc? mas antes diso tería que volver a velas. se cadra xa non me gustan tanto, non me lembro ben.
en fins patatíns, volvo ó meu estado reflexivo. chao

viernes, 29 de junio de 2007

non me gusta nada ver os "frutos" da miña diarrea mental tornárense tan corpóreos. vou voltar ó modo de revisar todo o que escribo e non permitir que todo saia así, automáticamente. pode resultarlle a algunhas persoas, mais a min non me axuda. síntome peor.

insomnio ou abulia

sinto que me invade o drifting, coma sempre. ¿por que nunca consigo reaccionar a tempo? ¿e por que reaccionar? sería mellor actuar dunha puta vez. mais para iso hai q saber o que un quere e... ó final ¿que quero eu?
sei que non quero seguir como estou. a independencia é moi boa, pero a incomunicación mátame pouco a pouco. ¿por que me resulta tan difícil comunicarme con outras persoas?
nin sequera sei cómo me podo dedicar a unha profesión centrada na linguaxe humana. non estou mínimamente cualificada.
mais...

debía ter mantido o luns como vacaciós en lugar de trocalas consonte as necesidades da empresa. como sempre, antepoño as necesidades dos demais ás miñas.
vai ser o peor día desta depresión crónica que se repite todos os anos. o único que me apetecería sería pasar o día paseando polas rúas do centro, ou pola praia, illada do mundo.

acabouse. non escribo máis. xa hai lixo dabondo escrito neste mundo. (e a maioría dese lixo ten incluso máis coherencia/cohesión/whatever ca isto.)

jueves, 28 de junio de 2007

a música e os seus efectos

hoxe non era día de oir ós Smith... mais sempre cometo os mesmos erros
over and over and over... e agora non me sae da cabeza "the soil falling over my head"

martes, 26 de junio de 2007

procrastination e introspección

Levo un tempo demasiado prolongado nunha fase introspectiva que eu cría que podía ter moitos aspectos negativos, pero que polo menos me permitiría chegar a algunha conclusión sobre a miña propia forma de ser. Tiña a esperanza de poder aprender dunha vez por todas a dirixir a miña vida do xeito que quero e ó mesmo tempo conseguir funcionar máis ou menos dentro da sociedade.
En todo este tempo (anos, si) creo que só cheguei a comprender que non estou feita para este mundo, pero tampouco teño por qué estalo. O mundo ten que se adaptar a min.
[aquí entra o factor "procrastination" do título...]
---
Esto escribírao onte, e non pensaba publicalo. Mas seguindo un consello dun amigo, non o vou ler nin sequera unha vez máis. Vai saír liberado ó mundo tal como está. Aburiño.

sábado, 21 de abril de 2007

ch-ch-ch-changes

Xa se foi a Rocío camiño a Berlín. E a Carmen tamén se vai. En fin, outra vez sola no traballo. Un departamento unipersonal. ¿Terei dereito a ir ás reuniós de xefes de departamento?
Cada vez que vexo unha pirarse do curro póñome outra vez a reflexionar sobre o rumbo da miña vida.
¿Establézcome (semi)permanentemente en Gaia ou volvo a buscar outro lugar pra vivir?
¿Onde está o meu fogar?

existencialismo, once again

Estoume empezando a fartar de ter que ser sempre agradable con todos. Creo que me pasa o que ó tal Brian (o de What about Brian?): sempre quero axudar a todos e non penso o suficiente en min mesma. Se cadra non é exactamente así a cousa, pero creo que me esforzo demasiado en non ser egoísta e ó final vexo como todos evolucionan e avanzan nas súas vidas, mentres que eu estou como estancada, sen facer o que sexa que realmente quero facer coa miña vida.
¿Será que me estou volvendo tola de tanto pensar?
O eterno dilema: ¿sou como os outros ou sou un bicho raro? Somos todos persoas intrínsecamente diferentes, pero comparables ou hai persoas máis "profundas" que as outras?
Posiblemente o meu raciocinio vaia por camiños moi particulares (pero tamén pode que simplemente me faga as mesmas preguntas que nos facemos e nos respondemos todos). Para min todo se resume a un só dilema: ¿por que non podemos ter nunca a certeza do que pensan os demais? Concordo en que con esta variedade o mundo é máis interesante, pero non é menos verdade que a vida é complicada ó non termos nunca a certeza de que vemos e comprendemos a realidade tal como é. Quero dicir, ¿ata que punto sabemos que sabemos? ¿Ata que punto somos capaces de ver en cada situación máis alá das nosas narices? ¿Somos capaces de imaxinar realmente todos os puntos de vista de todas as situaciós polas que pasamos durante a nosa vida?
¿Ata que punto somos conscientes das consecuencias que teñen os nosos actos na vida dos demais? Estou casi segura (¿será posible?) de que a todos nos ten acontecido nalgún momento das nosas vidas o caso típico de que algo que fixemos e ó que non dimos ningún tipo de importancia deixou marcada permanentemente a outra persoa. Non sei se todos terán pasado ou van pasar por iso nalgún momento, mais polo menos no meu caso verifícase: teño a certeza de que algún grande acontecemento da miña vida ocasionado por outra persoa non tivo ningún tipo de influencia na vida da persoa "culpable".
Uffff, estou outra vez caíndo no abismo existencialista. Se cadra esto do blog non foi boa idea. Mellor vou ver a televisión.

domingo, 4 de marzo de 2007

o de sempre

Aquí, pra variar, rumiando sobre o futuro. ¿Qué quero facer realmente? O ideal era ser freelance e vivir nun sitio como Candem Town, Notting Hill, Schwabing, Galway, Compostela... anywhere but here, pra resumir. Mas aquí hai unha persoa que pode ser interesante manter na miña vida. ¡Qué dilema! ¿Vida profesional ou personal? Ten que haber unha «terceira vía»...
Teño que reunir forzas, establecerme como independiente e despois xa veremos onde quero pagar alugueiro, jaja.

sábado, 24 de febrero de 2007

yet another lonely weekend...

un fin de semana de descanso está moi ben. Pero cando botan outra vez Bridget Jones na tele, e a volves ver, e gostas da peli inda que saibas os diálogos de memoria, e xa tes trinta anos... empezas a identificarte demasiado coa protagonista.
E se cadra iso non é tan bo. Só me falta empezar a escoitar All by myself e comprar discos de Celine Dion!!! ¡Que horror só de pensalo!
Creo que sería mellor apagar a tele e escoitar algo de Franz Ferdinand, por exemplo. Some energy, please!

miércoles, 14 de febrero de 2007

O traballo ¿é saúde?

Non estou xa moi segura. Despois dun mes desde que volvín das vacaciós só penso en coller polo menos unha semana de «rañar barriga»...

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego