sábado, 18 de agosto de 2007

implosión

Non sei porque non podo crecer como o resto das persoas. En vez de equilibrarme, cada vez me deixo dominar máis polos impulsos.
1.º exemplo: No persoal. Son unha impaciente. Cando alguén non responde como espero a unha situación empezo a darlle voltas e saco conclusións que posiblemente sexan completamente erróneas. Ou non. Mais non podo saber ó certo e non debería permitir que o non poder saber o que os demais pensan me tire o sono. Non é saudable. Á fin de contas tampouco os demáis poden saber o que penso e siguen vivindo perfectamente sen que eu lles importe.
2.º exemplo: No traballo. Este fin de semana debía ter ido a traballar. Debería estar neste momento facendo un proxecto que o cliente espera recibir o luns (segundo os meus cálculos faltan neste momento máis de vinte horas de traballo). Pero xa cheguei ó meu límite. Xa me estragaron o fin de semana anterior con unha situación parecida; este vou pasalo enterrada na miña casa a ver o tempo pasar. Non quero ver a ninguén, moito menos traballar.
É inadmisible ir dous días de vacacións para encontrar que che teñen acumulado para facer no que queda de semana o traballo de cinco días.
Sei que teño toda a razón*. Pero o luns vai acontecer un desastre.
Se cadra era isto o que se estaba cocendo na miña cabeza ata chegar ó límite. Non sei, síntome totalmente desorientada.

(*polo menos nesto do traballo, no resto de desastre que teño por non-vida...
iso xa é outra historia)

No hay comentarios:

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego