Pra unha vez que nos permiten elixir abertamente o representante a Eurovisión (ou polo menos facer a preselección) e non sei a quen votar. Vamos ver o que hai por aí:
De primeiro neste momento está este elemento, Chikilicuatre, e a tentación de darlle o voto é demasiado grande. Por fin temos en España tamén o noso Dustin. ¡¡Semos europeos!!
De segundo vai algo máis digno dun voto serio, La Casa Azul, pero inda que musicalmente non están mal, esa voz faime lembrar demasiado ós Hombres G. ¡Puaj!
De terceiro xa comenza a aparecer a tralla «a la Operación Triunfo». Por encima a tal Mayte canta un trozo en inglés... send eggs. A tal Coral e a Anael son outras que tal bailan. Hai que recoñecer que teñen voz e todo iso, pero no way.
¡Ai diorrr mío! Que a este paso ó final voy acabar votando polo Chikilicuatre ese...
Teño medo coa seguinte, Mirela, ¡¡naceu en 1990!! O fin do mundo está a chegar, xa non son dos 80, pasou outra década. Pois comparada coas últimas parece polo menos que ten máis forza. «I feel stronger», tampouco sei porque non me pasou tal posibilidade pola cabeza. Uff, agora xa é moito berro de dios.
Aaarrrrgggghhh, o que faltaba: «Un olé». Qué título. Polo nome debería ser vasco (Arkaitz). É antinatural, un vasco aflamencao imitador de Ricky Martin.
Toda a miña fe queda depositada en Los Wachos estes, que porriba son de Ourense. Debería apoiar un pouco o talento local. Vamos oír... [INTERMISSION] Jajajaja, ¡¡¡a letra é o mellor!!! Esquecede o Chikilicomofose, se non encontro nada serio voto por «Wacho Wacho», sería impagable ver alguén cantando isto en eurovisión.
Moito mellor do que «La danza del amor»... teño que empezar saltar as que teñan títulos tan pouco prometedores. Vou vomitar.
Bizarre, estes polo menos parecen músicos en serio. Pero comenzan casi como a mesma meeggde. Despois xa parece algo máis arrockado, pero non, vai ser que non. Flipo, citan como influencias Keane, Depeche Mode (¡¡sacrilexio!!), U2, Colplay [sic.], Nirvana, Him, The Rasmus, Rem, Police, Green Day, Inme, Three Days Grace, Incubus, Panic! at the disco, Jimmy eat world. Só vexo un pouco de The Rasmus, pero esa voz é horrible. (Bueno, horrible, horrible, non. É cuestión de gustos.)
Ufff, non sei por qué sinto a obriga de emitir un voto para sentirme con dereito a criticar o resultado. Se non escollo algo despois non podo dicir que sempre mandan o mesmo lixo a Eurovisión... pero a cousa está difícil.
E empeoramos, os seguintes son directamente unha mestura de merengue con regué e con todo tipo de son latino habido e por haber. Polo menos non son imitación, de verdad son latinos. Por un lado sería gracioso que un colectivo inmigrante fose representar España, cando nunca se permiteu as «minorías» (quere dicir, o que non sexa Madridcentrismo).
Agora tempos uns clasificados como «pop punk / powerpop», Lalaloveyou (é o nome do grupo, a canción é Sabesquetequiero). Si, powerpop, non cabe duda, é algo así como Fresones Rebeldes ou similar. O concepto de punk que circula por España paréceme preocupante... cuando menos.
E sigue La Prohibida con «One Way Interrail». Si, lin ben. «Electronica / techno / pop». Pola maquillaxe da foto faime lembrar Flashdance. Vaia, non saliu a canción candidata, senón a seguinte, Flash. ¡¡Esta voz parece de home!! Pois non parece travesti. Sexa como sexa, oír isto nunha discoteca sería unha bendición. Sorprendentemente ata pagaría por este disco. Pero agora que oín a tal «One Way Interrail», non lle chega nin ós calcañares. Qué lástima, tería votado pola tal Prohibida.
En fin, sigamos... Ozono3. Serios, si, pero demasiado. Pase que volvan os 80, pero non o pseudoheavy de pacotilla.
Mellor deixo de repasar a lista un a un... Vou comenzar a saltar polos nomes ó chou, é imposible oír todos. Pero por outro lado, para votar en consciencia teño que oílos todos... Mmmmm, vou ter que facerme un plan para escoitar unha cantidade diaria e tomar notas. A votación termina o 25... quere dicir que 5 días, con oír uns 16 por día aínda teño tempo.
Veña, imos aló. Cambio de sistema. Vou ir facendo unha lista pra non me esquecer dos que xa oín.
62 No brain detected -NO
69 La terremoto de Alcorcón -SÍ!!!
Pero ¿que vexo? ¡¡Los Petersellers no posto 85!! Tería máis gracia oílos tocar no escenario «Una Thurman me toca la banana» ou «Mazinger Z»... pero o jare jare crisna crisna con yodel, «estados unidos los jeques reunidos en el monopoly» jajaja, tampouco é tan mala opción. Toma ataque contra a música comercial. Isto si é espíritu punk. Defínense como «rock / tropical / minimalist». «No me habéis matado por que soy un semidiós», jajaja. Creo que xa me decidín.
85 Los Petersellers -SÍ
¡Viva o voto inútil!
Como entrenamento para as elecciós xerais non foi tan malo. O que me lembra que onte recibín a miña primeira carta do Zapatero desta campaña. Vou ver qué me promete e despois descansar un pouco pra prepararme pró eclipse. (Se é que se ve desde aquí...)
[Ordiá: 124 La década prodigiosa. ¡Quen ía pensar que inda existisen!]
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
libros en proceso
- Sons and Lovers
libros en lista de espera
- Lost in a Good Book
- Middlemarch
- The Catcher In The Rye
- Tristram Shandy
- Der Steppenwolf
- Reminiscencias de Bob Dylan
- Faust
- El miedo a la democracia
- Seven Pillars of Wisdom
2 comentarios:
Jajajajaja, pois si que ando eu ben de matemáticas... son máis de 500 e segundo o meu cálculo en 5 días con oír pouco máis de 10 consigo oílos todos...
Estou peor do que pensaba. Menuda diarrea mental a de hoxe. Esto de estar todo o día soa en casa non me está sentando moito ben... mais estrañamente síntome feliz e de marabilla. Debe ser que este é realmente o meu estado de equilibrio, jajajajaja.
Me ha molado que hayas hablado de las elecciones de verdad ;-)
Yo tampoco me he pronunciado al respecto, pero creo que lo voy a hacer al pito pito gorgorito.
Publicar un comentario