domingo 17 de agosto de 2008

posreflexión

Se cadra algún de vós, meus lectores ficticios, vos teredes preguntado onde me tiña metido. Pois estou de «pulsos convalecentes», así que procuro teclear o mínimo imprescindible. (Sorry polo estilo telegramático.)
Hoxe saio do meu silencio porque lin unha noticia que me chamou a atención: Un documento del FBI prueba que Estados Unidos buscó a Hitler en España.
Isto significa que inda segue polo mundo adiante a teoría de que fuxiu pra Latinoamérica. O primeiro que me veu á cabeza foi unha escena de Enredo (Soap, Dos locas familias, chámalle x) en que aparecía Hitler de camareta en Bolivia. (Sorry, non o encontro no yutiub.)
E xa que estou escribindo, aproveito pra compartir esta outra noticia, que tamén ten intríngulis:
Letizia: «¡Yo soy una princesa!»
Pagaría por ter visto a cara que puxo, jajaja.
--
Cambiando de tema... non me lembro canto tempo levaba sen ir ó facebook e encontreime con que anduveron cambiando cousas... (eso dicía a mensaxe de benvida) pero inda non vin nada diferente... ¡¡AAAhh!! vale, teño que premer na barra de enriba. Vamos ver qué fixeron estes agora...
Polo visto vai mais lento e está empeñado en que me descargue unha actualización do flax. Van aviados.

libros en proceso

  • Sense and Sensibility

libros en lista de espera

  • Far From the Madding Crowd
  • The Catcher In The Rye
  • Rayuela (again, esta vez o libro pequeno)
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom