sábado, 8 de septiembre de 2007

Berlín

...é mellor do que imaxinaba. Esa cidade ten todo o que é preciso: museos, bares, rúas cheas de vida... todo aquilo que boto en falta en Gaia. Se non fose tan grande non me metería medo e estaría agora mesmo facendo a maleta para irme outra vez a Alemaña. Mais xa non sei se me atrevo a voltar a emigrar.
Neste momento estou convencida de que non estou no meu lugar, pero pra ir a outro sitio sinto que antes teño que reflectir ben. Sería comenzar de novo e xa non teño a enerxía de antaño pra intentar facer novas amizades. ¿Será que me estou convertindo nunha snob ou simplemente un se vai facendo máis selectivo coa idade? Non sei. Penso que sinxelamente non teño enerxía pra perder máis amigos por culpa da distancia. Non quero establecer lazos con persoas que sei que se van ir lonxe irremediablemente.
E ademais volver a emigrar sería continuar fuxindo.
Pero por outro lado sigo pensando que aínda non encontrei o meu lugar... ¡Que dilema!
Volvamos ó positivo. Descubrimentos do Musikinstrumentenmuseum:
trautonio ou trautonium e o piano de doble teclado (máis info en español)
¡¡¡E por fin teño Metrópolis en DVD!!! gracias á tenda do Museum für Film und Fernsehen (xa sei qué vou ver antes do merecido descanso, jeje)

No hay comentarios:

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego