lunes, 17 de diciembre de 2007

a ver onde vai parar isto...

A votación no congreso sobre o invento do canon indiscriminado é xa esta semana.
Eu xa asinei a petición de todos contra el canon, que afirma o respeto ós dereitos de autor mais non á xestión en nome dos autores por certas entidades privadas de actividades un pouquiño sospeitosas dun canon imposto sobre todo aquilo que se poda usar para copiar a obra dun autor, ordenadores e impresoras incluidos.
Vamos que eu teño que pagar un imposto a unha entidade privada (?!) para poder realizar o meu traballo. O gracioso é que hai aprox. 4 anos fun á delegación da SGAE en Ourense pra preguntar se eran eles os que rexistraban as traduciós de programas de televisión e nin sequera me souberon informar de nada. Parecían non saber que os traductores tamén teñen unha pequena porcentaxe de participación na autoría dunha obra.
En fin, que viva a liberdade e a anarquía, e se un autor non quere cobrar pola sua obra debería ter garantizado o dereito de que ninguén máis vaia cobrar por el. Parece de lóxica, digo eu desde a miña ignorancia.

1 comentario:

MJ dijo...

pois nada, que todo quedou como estaba. non quitan o canon :(

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego