sábado, 8 de diciembre de 2007

resoluciós

Nunca pensei facer unha lista de resoluciós, pero... nunca sabe un ó que vai chegar :D
Vou pór isto aquí só por lembrarme deste trascendental momento dentro dun tempo, cando xa a rutina me teña atrapado de novo.

Resoluciós pra unha nova vida (lista non exhaustiva):

1. Simplificar. Isto inclúe: botar moita tralla ó lixo, limpar a casa, etc. (O que leva a volver a pegar nas paredes as postais e o mapa que foron caindo durante os últimos meses. E a sacar o lixo da casa antes de xuntar 3 bolsas de cada tipo de residuos. O que realmente ten máis que ver co punto seguinte.)

2. Organizar. O que significa non deixar tarefas penduradas (z. B. facer facturas inmediatamente despois de enviar un traballo, non acumular roupa suxa polo chao, non deixar libros a medio ler... O que me leva ó seguinte punto.).

3. Non comprar máis libros mentres non termine de ler polo menos 4 dos que xa teño en casa. (O que non é esaxerado se temos en conta que segundo a última contaxe, feita hai 2 minutos, nesta casa hai 74 libros que inda non li. Polo menos 7 deles comenzados e abandonados por falta de tempo ou por ter decidido terminar outro nese momento. Case podíamos incluir este punto no anterior, "organizar", ou incluso no primeiro, "simplificar". O que me fai lembrar que teño que tentar simplificar e organizar a miña forma de escribir, xa que coa de pensar está visto que non hai maneira.)

4. Non comprar máis discos mentres non teña oídos, e con isto quero dicir oír a conciencia, os que adquirín nos últimos anos. Ou sen conciencia, que teño o do Budokan de Bob Dylan sen oír nin unha soa vez. (Claro que xa o oíra antes. É imposible oír demasiados discos, mais son a proba vivinte de que se poden comprar demasiados discos.)

5. Comprar roupa nova, en lugar de libros ou discos, que non teño nada que sirva para ver. Teño que facer o esforzo de ir ó centro comercial e probar roupa. Como sexa, teño que conseguir aturar unha tarde de compras. ¡Forza, Maruxa, ti podes!

6. Dar unha voltiña o ordenador, which means eliminar moita cousa, organizar o que quede e por último desfragmentar.

7. Non deixar o televisor aceso cando evidentemente non me interesa o que están botando. Mellor é apagalo e erguerse do sofá... por exemplo pra tocar algo no piano, oír música... ou pra ler algún deses 74 libros. (Non importa cantas veces repita a cifra, inda non o consigo crer. ¿Como carallo se acumulan 74 libros sen ler?! E non contei os de consulta nin os de poesía, polo seu carácter de lectura fragmentaria.)

8. Conseguir dalgún xeito ter tempo para saír de casa cos poucos amigos que tan difícilmente teño empezado a encontrar. Non lles dedico o tempo que merecen. Mea culpa.

9. O que me recorda: manter o contacto con os amigos que están lonxe. Só son precisos uns 15 minutos por semana e todos contentos.

10. Conseguir dalgún xeito ter tempo para cociñar como me gusta, con tempo. (Se cadra sería útil unificar este punto co número 8, invitando os amigos a cear en casa. Por aquilo da falta de tempo.)

11. Fumar menos e conseguir dalgún xeito ter tempo para camiñar aprox. unha hora por día (cousa que moi posiblemente me levaría a novamente fumar menos, como antes, cando andaba máis. Tamén podía axudar aprender a liar tabaco dunha vez por todas.). Isto faime lembrar: vaciar o cinseiro antes de que rebose e non acumular caixas de tabaco vacías xunto ó mesmo.

12. Dedicarme á tradución dese libro que teño aí desde hai 3 anos.

Mmmmmm, ben visto vou comenzar a aplicar estes principios e refacer esta lista.


Resoluciós pra unha nova vida:

1. Simplificar e organizar pra ter máis tempo libre.
2. Usar o tempo libre naquilo que realmente quero facer: estar cos amigos, ler, oír música, camiñar, tocar o piano, ir ó cine, etc. etc.

O que significa que todo se resume a simplificar.

2 comentarios:

Judith Carrera dijo...

Me ha encantado esta entrada. Debería plantearme hacer una lista como esta. Últimamente tengo la impresión de que no me cunde el tiempo y creo que es porque no me organizo bien.

MJ dijo...

¡Muchas gracias por las alabanzas! Ni sé por qué me dio por hacerme una lista, ahora a ver si la cumplo, que eso es lo jodío :)
Sobre lo poco que cunde el tiempo... ya ves que estoy volviendo a dejar el blog un poco de lado (de eso ya sabes tú también, jeje).
Eso de encontrar inspiración y tiempo a la vez es complicado.

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego