lunes, 10 de diciembre de 2007

libertad, libertad

Non se aplica exactamente ó meu caso, porque fun eu quen se despideu, mais despois de máis de un mes cantando mentalmente «Veo una vida nueva y tú no estás en ella, veo mi vida llena y tú no estás en ella» tiña que incluir este clásico no blog. Hai que ver cómo nos domina a televisión, por moito que escapemos dela.

E xa postos aquí vai outro. Quen xa viviu ese momento de que te chamen «señora» por primeira vez comprenderá...

4 comentarios:

Benchycool dijo...

Curioso achar un blog destas características a traves da paxina de freixenet(si, mencionan o blog alí), teño curiosidade polo nome ¿arreinx? que ven a dicir? galega ou portuguesa? Boa sorte no bloqueo traductora, a todos nos chega ese momento.

MJ dijo...

¿Arreinx?
Pois é exactamente o son que sae da miña boca ó ler que mencionan este blog na páxina de Freixenet.
A onde vai chegar o mundo.
(Ven sendo unha elaboración sobre o típico "¿jein?" que emitiu unha amiga miña un día. E aí ficou gravado na miña mente. É unha expresión moi útil hoxe en día.)
Eu, galega, pero emigrante crónica. (Ou tal vez por iso emigrante crónica, vai ti saber.)
Obrigada pola visita :)

Benchycool dijo...

Emigrante cronica? xa probache outros destinos enton? eu son emigrante novicio, e polo de agora moi contento, canto tempo levas xa en portugal? Odio o teclado frances, non atopo os acentos nin nada!

MJ dijo...

En Portugal levo tres anos e dous meses, pero antes xa estiven dous anos e pico na Alemania (e nove meses de Erasmus en Irlanda, pero o Erasmus realmente non o contaría como emigración).
En realidade a miña primeira emigración foi a Galiza, porque nacín en Panamá e fun pra Galiza ós 11 anos e medio.
Por iso penso que xa se me pode considerar como caso crónico.
De Francia nin flowers, pero ¿o teclado francés non ten as vocais na parte da dereita con os acentos xa postos?
E ¿en qué parte da páxina de Freixenet mencionan o blog? Xa non aturo a curiosidade

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego