Perdoade, queridos lectores ficticios, o abandono ó que vos teño sometidos.
Nos últimos meses tiven que racionar un pouco o meu uso do teclado polos malditos/benditos pulsos, que se queixaban do exceso. Pero o mes de vacaciós totales foilles moi bo, tanto que xa se acostumaron e non lles gusta traballar jajajaja.
Cousas que tiña que contar:
-Se lestes o último post sobre o dorkismo se cadra vos estabades preguntando que foi diso. Pois resulta que me escolleron finalista. Estrañamente o que mais dork lle pareceu ó xurado foi o de usar calcetís de cores diferentes. E eu penso que é o máis normal da miña conducta. ¡En fin!
Teño un distintivo e todo :D
-Non sei qué rumbo vai tomar este blog. Deille moitas voltas na cabeza, pero non cheguei a ningunha conclusión. Seguiremos como sempre, sen rumbo. Viva o caos.
-Libros. Os grandes protagonistas da miña última lista de resoluciós. Definitivamente abandono o intento de ler Tom Jones. Non quería abandonar despois de dous anos de lectura e de ter chegado a ler 2/3 do libro. Pero xa perdín o fío, así que non vale a pena. Tería que volver a comenzar desde o principio, e non me apetece. Polo menos non neste momento.
En xaneiro lin North and South e foi todo un descubrimento. Gustábanme moito as obras de Jane Austen, pero Elizabeth Gaskell ten a historia de amor e ademais personaxes máis complexos. E o contexto histórico. Moito máis completo, onde vai parar.
Seguindo cos clásicos ingleses agora tócalle a Far From The Madding Crowd, que comprei hai catro anos e medio (despois de ver a peli, claro. I'm shallow, i know, it's all because of Alan Bates. Pero tamén influíu na elección que me gustou moito Jude the Obscure, así que non só me deixo levar por motivos extraliterarios. Ea.)
-AAAh, "me se esquecía". Resulta que Blur se reuniu. Unglaublitchck! No momento en que me enterei vin que un dos tres concertos anunciados é no día do meu cumpleanos, así que xa comprei entradas. Foi unha arroutada. Por encima decidín invitar a todos os colegas que queiran :D Por agora hai 6 animados, unha bastante segura (se non lle aparece un emprego e non pode ir, claro). Agora só teño que organizar a viaxe e a estancia :( Bah, só se cumplen 33 anos unha vez na vida, e porriba con Blur tocando de novo!!
-A crise e por qué estou farta de oír falar dela. Na miña vida diaria hai cousas que inflúen máis. Non teño hipotecas porque non me parece racional. Non teño débedas porque non me parece racional. ¿Que por qué digo "racional"? Porque a ninguén que o poda evitar lle pode parecer natural escravizarse a ter que pagar algo se xa sabe que o mercado laboral é incerto por natureza. Hoxe en día ninguén nos seus cabales pretende ter un traballo seguro e estable para toda a vida. ¿Entón a quén se lle ocorre meterse no embrollo de ter que pagar mensualmente unha cantidade que posiblemente non vai ter? Sobre todo se todos sabemos que os prezos das vivendas estaban moi inflados.
¿Onde ía? Ah, si. A crise. Se cadra hai menos traballo, pero tamén ultimamente era demasiado. Eu agradezo ter un pouco máis de tempo para vivir, sinceramente. Ademais inda estou cobrando os traballos do ano pasado, así que con ir sacando o mínimo para cubrir gastos penso que a crise é máis que levadeira por agora.
Outra cousa: antes seica había moita "bonanza económica" pero eu non era millonaria. Así que basicamente eu estou na mesma independentemente da economía mundial dos collós.
-O propósito de organización e simplificación é unha quimera. Pero pouco a pouco irei conseguindo pór algunha orde :)
miércoles, 18 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
libros en proceso
- Sons and Lovers
libros en lista de espera
- Lost in a Good Book
- Middlemarch
- The Catcher In The Rye
- Tristram Shandy
- Der Steppenwolf
- Reminiscencias de Bob Dylan
- Faust
- El miedo a la democracia
- Seven Pillars of Wisdom
4 comentarios:
ups co fondo negro non se ve a palabra "Finalist" debaixo do distintivo da Dorkfest :(
cool, na dereita si ten o fondo branco :D
destaca moito para o meu gusto, pero para unha vez que me dan un premio hai que presumir del jeje
Lo peor de traducir es que hay mucho intrusismo... :P
Enhorabuena por lo del Dorkfest. Y me alegro también de que tengas más tiempo libre. No merece la pena pasarse todo el día trabajando.
Fdo.: Una workaholic ;-P
Publicar un comentario