domingo, 22 de marzo de 2009

karma

Saín de casa coa intención de dar o primeiro paseo por Porto desde hai mooooito tempo. O autobús chegou case ó mesmo tempo que eu á parada. Ben, comenzamos ben.
Cheguei á Praça Galiza e baixei do bus, pra ir andando hasta os xardíns do Palacio de cristal. Só andei cousa de 50 metros e oín unha voz que chamaba: "Menina!" (inda me fai gracia esa palabra, nin que fose un gatiño, jeje). E cometín o erro de parar. Despois dun largo regateo e unha visita ó caixeiro saín dalí con ¡¡10 euros 10!! menos. ¿Que se o homiño en verdade levaba dous días sen comer e quería volver a Viseu pra onda a súa muller e dúas fillas, a pequena (de 3 anos) internada no hospital sannonseicantos con meninxite? Nunca o saberei.
¿Sabedes ese sentimento de paz interior que din que nos entra por ter feito algo bo? Pois non o sentín. Sentín que como sempre era a máis idiota dos idiotas do mundo mundial.
Pero despois cheguei ó parque, encontrei un curruncho que nunca vira e alí, fumando un pitillo co fondo do murmurio da auga e o canto dos paxaros, cheguei a un plano de serenidade superior. Non moito superior, porque tamén se oían de vez en cando os coches pasar pola rúa do lado e uns nenos berrando como porcos na matanza no camiño de enriba.
Saín do parque e fun andando hasta Sta. Catarina, esquivando de camiño a unha muller coa escusa de que non tiña cartos (se é que xa deben saber a estratexia: eu vístome o máis zarrapastrosamente posible, pero non hai "tu tía", sempre me veñen pedir a min. Como se fose millonaria).
Antes de coller o metro de volta decidín entrar na FNAC a dar un vistazo, pero sen comprar nada, pordiós. E vaia se comprei... Pero, ¡¡sorpresa!! Chegou o momento de satisfación que levaba 10 ou 11 meses esperando Tiñan os dous primeiros libros con tradución miña que ademais, primicia mundial, ¡¡¡levan impreso o meu nome!!! Evidentemente tiña que compralos. Nese caso non hai por qué buscar escusas.
Aparte duns euriños, paguei o prezo de que en todo o camiño a casa a xente me mirase como se acabase de escapar dun psiquiátrico. Ainda teño o sorriso idiota na cara :)

libros en proceso

  • Sons and Lovers

libros en lista de espera

  • Lost in a Good Book
  • Middlemarch
  • The Catcher In The Rye
  • Tristram Shandy
  • Der Steppenwolf
  • Reminiscencias de Bob Dylan
  • Faust
  • El miedo a la democracia
  • Seven Pillars of Wisdom
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego